Porqueira humaniza as rúas do núcleo de San Lourenzo
Manuel Baltar trasladou á rexedora un “compromiso para contribuír a finalizar as obras e os servizos que están en marcha”.
A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, foi recibida polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, para analizar algúns proxectos destinados á mellora de infraestructuras no termo local nos que participa o ente provincial. Concretamente, hai consignado un orzamento de 175.000 euros dentro do orzamento de 2023 para sumar esforzos neste concello do rural ourensá.
Por unha banda, Manuel Baltar e Susana Vázquez analizaron os traballos de humanización de rúas na localidade de San Lourenzo, onde o goberno provincial cofinancia un proxecto enmarcado no Plan Hurbe da Xunta de Galicia. O presidente da Deputación visitou as obras durante o pasado mes de maio, e comprometeu o apoio da Deputación “para completar un proxecto que repercute directamente na calidade de vida da veciñanza”.
Aproveitando o encontro de traballo, Vázquez solicitou a colaboración da Deputación para executar obras de abastecemento no municipio, “moi necesarias logo da complexa situación que vivimos no pasado verán como consecuencia da seca”. Un ámbito de actuación no que a alcaldesa de Porqueira lembrou a axuda do organismo provincial para abordar dúas novas captacións, xa finalizadas.
No transcurso deste encontro, Manuel Baltar trasladou á rexedora un “compromiso para contribuír a finalizar as obras e os servizos que están en marcha”. Pola súa banda, Vázquez amosouse satisfeita “pola receptividade do presidente cara o Concello de Porqueira”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas