Os socialistas de Xinzo critican a deixadez na mellora da N-525
O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia deplora o desleixo do alcalde e o grupo de goberno polo proxecto de humanización da N-525. “Catro meses despois da toma de posesión da nova corporación, que asegurou viña a arranxar con millóns de euros a situación do concello, os proxectos realmente importantes, xa aprobados e publicados, como o da estrada N-525, non merecen nin a máis mínima atención para a súa realización”, denuncia a voceira socialista, Elvira Lama. Segundo esta, “o actual estado de parálise evidencia que ninguén se preocupou polo estado da tramitación dun proxecto que se entoxa vital para a Limia”. Diante de tal estado de inacción, as e os socialistas de Xinzo de Limia pretenden evidenciar o desleixo do alcalde e do grupo de goberno de Axil e PP sobre unha obra xa acordada pola anterior alcaldesa.
Para o PSdeG-PSOE trátase dunha “obra transcendental” para a Limia, que “merece investir o máximo de esforzos e traballo para que se faga realidade a curto prazo”, amosando a actual parálise a inaptitude do rexedor de Axil para culminar un proxecto xa acordado durante o anterior mandato e, de paso, a desconfianza cos seus socios de goberno do PP.
“Os receos entre Amador Díaz Penín, do grupo Axil, e os populares impiden calquera avance, amais de constatar que o proxecto de humanización da N-525 non era do agrado do PP, pero non por cuestións técnicas, senón polo feito de ter que asumir a súa absoluta incapacidade de dialogo coa administración do Estado para acadar a financiación necesaria, como si fixemos nós”, engade Lama.
Elvira Lama: “A conclusión que tiramos é clara, pudendo afirmar que este asunto non é do seu interese, se ben para nós é prioritario e continuaremos a traballar para que se faga realidade unha obra tan trascendental para as nosas veciñas e veciños”.
Amador Díaz, alcalde de Xinzo, non quixo facer declaracións ao respecto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jacinto Seara
Feliz Navidad
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz