“Venres en feminino”, encontros dixitais para analizar a situación da muller no agro
A primeira sesión desta iniciativa, dentro do proxecto europeo Equal Rural do que forman parte a Asociación de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia, terá lugar este venres 24 de marzo e intervirán relatoras como Inés López Pereiro (Sen Sucre / Asociación A estruga) e Mercedes Veites (Lumecú)
O papel da muller no sector agrario será o tema principal dos “Venres en feminino”; unha serie de encontros dixitais que se enmarcan dentro do proxecto europeo Equal Rural do que forman parte o GDR Limia-Arnoia, a Reserva da Biosfera de Allariz, a Associaçao dos Jovens Agricultores de Portugal (AJAP) e a Associaçao Inovterra.
Os socios galegos serán os encargados de organizar 4 dos 24 encontros programados e con eles preténdese dar a coñecer os desafíos actuais aos que se enfrontan a mulleres do sector agrario (diferencias salariais, teitos de cristal,…) e buscar aqueles casos de éxito para mellorar a súa inclusión. Trátase duns encontros curtos, dunha hora de duración, e gratuítos.
Neles poden participar todas as persoas interesadas, especialmente a aquelas mulleres que traballan no agro ou que estudan algún ciclo ou carreira universitaria relacionada co sector. Para participar tan só é necesario escribir un correo electrónico ao seguinte enderezo: limia-arnoia@limia-arnoia.gal.
Estas son as datas e as temáticas dos diferentes encontros:
- Venres, 24 de marzo (de 10:30 a 11:30 horas): Inés López Pereiro (Sen sucre / Asociación A estruga) “Obradoiro de cociña km0 / Espazo agroecolóxico”; Mercedes Veites (Lumecú) “Fortalezas/dificultades dun proxecto feminino rural”.
- Venres, 14 de abril (de 10:30 a 11:30 horas): Isabel Vilalba Seivane (Secretaria do Sindicato Labrego Galego) “Dereitos profesionais das labregas e acceso á titularidade”; Uxía de Buciños Nóvoa (Tralaleira) “Proxecto feminino agroecolóxico”.
- Venres, 21 de abril (de 10:30 a 11:30 horas): Mar Pérez Fra (profesora da Escola Politécnica de Lugo) “As mulleres do rural hoxe”.
- Venres, 28 de abril (de 10:30 a 11:30 horas): Eva González Pérez (coordinadora do GDR Limia-Arnoia) “O desenvolvemento rural dende a innovación feminina”; Olga Rivas Iglesias (Fundación Robertor Rivas) “Emprendemento social en contornas rurais para xerar oportunidades que mitiguen a despoboación”; Inma Soto Iglesias (educadora ambiental) “Coñecemento e posta en valor para a conservación do territorio dende a infancia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas