Vilar de Barrio mellora o seu vial ata Penouzos
Non é a única obra que se executará neste municipio nas vindeiras semanas e que redundarán na mellora de servizos básicos
O rexedor de Vilar de Barrio, Manuel Conde, informou esta semana do inicio das obras de mellora no vial que comunica Vilar de Barrio con Penouzos, así como do ramal de San Miguel. Trátase dunha intervención que se costeará con 48.000 euros procedentes dunha subvención directa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural -Agader- para a mellora de camiños do entorno rural.
O rexedor de Vilar de Barrio explicou que esta actuación permitirá mellorar tanto o firme como as cunetas deste vial que, en palabras de Conde, atopábase “moi deteriorado” o que facía moi necesaria a obra. “Este vial levaba moito tempo sen arranxarse e é importante contar en Vilar de Barrio cun bo acceso aos diferentes núcleos rurais e a fincas da contorna”, puntualizou o alcalde.
Non é a única obra que se executará neste municipio nas vindeiras semanas e que redundarán na mellora de servizos básicos como o saneamento e na renovación de edificios públicos municipais, tal e como adiantou o rexedor local, Manuel Conde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas