Visita organizada á Torre do Castro de Sandiás o vindeiro día 27
VISITA GUIADA
Despois do éxito das visitas guiadas dos anos pasados ao Pazo do Telleyro e o Patrimonio Xeolóxico das Areeiras de Sandiás, este ano volve un novo roteiro dirixido por Jorge Abraham Vila
O próximo sábado 27 de xullo, o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, no concello de Sandiás, organiza a I Visita Guiada ao Patrimonio militar da arquitectura medieval: a Torre do Castro, no contexto das Torres da comarca da Limia.
Despois do éxito das visitas guiadas dos anos pasados ao Pazo do Telleyro e o Patrimonio Xeolóxico das Areeiras de Sandiás, este ano volve un novo roteiro dirixido por Jorge Abraham Vila, actualmente profesor do IES Cidade de Antioquia en Xinzo de Limia. Foi tamén profesor colaborador da Facultade de Historia da Universidade de Vigo e con diversos estudos acerca das Torres e Castelos da Comarca da Limia.
A visita guiada realizarase en dous tramos horarios: primeiro haberá unha charla de 11,00 a 12,00 horas, seguida dunha visita in situ ao carón da torre, as 12,30 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
VALORACIÓN DE PROPIEDADES
Tasación de inmuebles: claves del mercado residencial 2026
"A DECISIÓN MÁIS DOLOROSA"
El XII Festival Hércules Brass Celanova se cancela por falta de presupuesto
BODEGAS Y PAISAJES
Esta ruta permite conocer Ourense a través de vinos, ríos y patrimonio