VIOLENCIA MACHISTA

Xinzo berrou “Non é non"

img_1490_result
photo_camera Os alumnos do centro que leron os manifestos en contra da violencia de xénero e a favor da paz.

Os alumnos do IES Antioquía vestíronse de negro para lembras ás vítimas da violencia machista. Mestres e orientadores piden que se adiquen máis horas nos centros a sensibilizar aos menores sobre esta cuestión

Porque calqueira día do ano é bo para reivindicar un mundo sen violencia machista, os alumnos e alumnas do Instituto Cidade de Antioquía de Xinzo -incluidos os de Formación Básica, Agraria, Administrativa e Forestais- participaron nun acto especial para pedir a fin da violencia de xénero e a igualdade entre homes e mulleres.

O centro limiao está a participar nun programa elaborado polo Departamento de Orientación do Instituto e financiado polo Plan Proxecta da Consellería de Educación. Por este motivo e, ao abeiro da semana na que se celebra o Día da Paz, os alumnos e alumnas do centro, acompañados polos mestres e orientadores, saíron ao patio do centro para berrar "Non é non" e para ler distintos manifestos. Fixérono vestidos de negro para lembrar ás 65 mulleres falecidas en 2017 a causa desta lacra social.

Os representantes dos distintos grupos do centro limiao -dende a ESO ata os FP- foron saíndo un por un, para lanzar distintas mensaxes cun transfondo común: a fin da violencia machista.

Foi o caso de Miriam, de primeiro da ESO, quen dixo que "non importa o xénero, pois todos somos iguais". A cativa recordou o dereito de todas as mulleres a levar a roupa que queiran e poder facelo "tranquilas". Gael Rodríguez, do mesmo curso, fixo especial fincapé na importancia de "non facer chistes de mal gusto contra as mulleres, e desbotar os estereotipos vencellados aos xoguetes ou á roupa". Na mesma liña, Antonio, do grao de Administración, rexeitou "os piropos excesivos" que teñen que padecer moitas mulleres, e que "non precisan".

Xoán Carlos e Yerai, dous estudantes do segundo curso da ESO, criticaron "a ilegalidade" da brechas salarial e afirmaron que a violencia "nunca é a solución a nada".

Os alumnos do grao de Forestais quixeron manifestarse en conxunto pois dixeron "isto nos afecta a todos". "Durante o Franquismo adoctrinábanse ás mulleres para que simplemente fixeran as tarefas do fogar, unha realidade non moi lonxana que tiveron que padecer as nosas nais e avoas", manifestou Enrique.

A orientadora do centro, Alexia Guede, explicou a importancia de traballar a igualdade de xénero en horario lectivo. "Es muy importante trabajar estos temas que están incluidos en el currículum educativo, aunque no sea de forma explícita. Es lo que permite formar personas y es uno de nuestros objetivos como educadores", manifestou a orientadora. "La desigualdad está muy latente en nuestra sociedad. Hay 15 millones de mujeres en España que pertenecieron a ese grupo al que no se le permitía tener un trabajo sin la firma de su marido o de sus padres", engadiu.

O centro seguirá promovendo actos deste tipo, como o visionado de películas sobre a historia da muller, ou mesas redondas nas que diferentes mulleres contarán as suas dificultades para acceder ao mercado laboral.

O acto rematou cun emotivo recordo para o director do centro, Rubén Garrido, de baixa por motivos persoais. 

Te puede interesar