Xinzo inviste 70.000 euros en asfaltar rúas e prazas
URBANISMO
Unha zona afectada é a explanada situada á beira do pavillón de deportes
O Concello de Xinzo de Limia está a proceder ao asfaltado de diversas prazas e rúas da vila, así como noutras zonas do término municipal. Todas estas actuacións están a ser financiadas con unha partida de 70.000 que foi aportada íntegramente pola Deputación provinical.
Unha das aplicacións de nova capa de rodadura máis esperada era a que se está a estender pola explanada que se atopa situada á beira do Pavillón Municipal da vila. Trátase dun espazo empregado de maneira moi habitual por veciños, acompañantes, familias e deportistas.
Ademáis, é un espazo moi empregado durante os días de feira para a acoller a instalación de algúns dos moitos postos de venda que enchen as rúas e prazas de Xinzo de Limia.
Logo desta actuación, e segundo a información facilitada polo goberno municipal, serán varias as rúas que tamén recibirán un novo rego asfáltico, co fin de mellorar o estado no que se atopan actualmente, entre as que se atopan a rúa da Roda e a rúa Río Sil. Para completar a financiación que foi aportada pola Deputación provincial, tamén se procederá ao asfaltado dos accesos ao núcleo poboacional de Gudes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas