Abertas as inscricións do mercado de artesanía “Arte da Man” de Allariz
O Concello de Allariz celebrará unha nova edición do mercado de artesanía "Arte da Man" o vindeiro 8 de setembro
O mercado de artesanía “Arte da Man”, que vén organizando o Concello de Allariz a través da área de promoción económica, regresa este ano cunha nova edición. A data prevista, como xa vén sendo habitual, será a do segundo domingo do mes de setembro, que desta vez é o 8 de setembro
O obxectivo deste evento é, por unha banda, o da promoción e achega do traballo dos artesáns locais. Por outro lado, a venda directa dos seus produtos, e tamén dos do resto de profesionais galegos convidados.
Con motivo da próxima celebración do “Arte da Man”, a organización vén asimesmo de publicar as bases de participación e de abrir o prazo de inscrición para todos aqueles artesáns cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia e desexen participar nesta edición.
O prazo de inscrición arranca hoxe martes e estará aberto ata o vindeiro día 2 de agosto. A inscrición debe formalizarse necesariamente a través dunha instancia xeral na Sede Electrónica do Concello. Os interesados tamén a poderán formalizar de xeito físico nas dependencias municipais, nomeanadamente no rexistro da vila.
As persoas organizadoras do evento serán os encargados de seleccionar aos participantes segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e o oficio. No obstante, darase prioridade a aqueles participantes que amosen o seu oficio en vivo durante a duración da feira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una colisión entre un coche y una moto en A Valenzá deja un herido