TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
Como se inspirou para facer a composición do cartel?
Eu tiña varias ideas e deseños. O que me pediron foi que aparecera o Felo, e a Marela ou vaca. Tamén me parecía bastante importante darlle protagonismo á tea. É un estampado que me chama a atención e quixen xogar un pouco con esta vestimenta.
A Baixada da Marela é un dos momentos máis espectaculares do Entroido macedao para vostede?
Si. Eu guieime un pouco do que me contaron as persoas máis directamente involucradas nesta tradición. Avós de amigos meus de Maceda contan que eles baixaban a vaca. A min persoalmente paréceme un espectáculo indiscutible e súper divertido. Os galegos podémonos representar un pouco pola maxia, polos rituais… A verdade é que este é un acontecemento moi máxico.
A maneira de agochar o Felo dentro da Marela é un xeito de representar o seu carácter traste?
Efectivamente (ri). Él está agochado dentro da Marela. O Felo é pillabán, trasno, e divertido.
Cal foi o proceso creativo?
Fixen moitos deseños. Non sabía moi ben como representar a Marela, costábame moito. Saiume un pequeno debuxo nunha libreta. Gustoume moito a composición e paseina á tableta dixital. Logo xa escollín a gama cromática, alegre e viva. Neste caso buscaba, coma quen di, agradar a toda a familia. Por último xoguei coas luces e as sombras.
E a tipografía?
Gústame moito facer tipografías e esta fíxena eu. Buscaba que fose informal e divertida. Tamén que puidera recordar aos nenos e a esa parte máis infantil.
É a primeira vez que fai o cartel do Entroido de Maceda?
Si, é a primeira.
E está satisfeita co resultado?
A verdade é que si. Para min, ademais, é unha honra que conten con xente nova e con persoas que temos as nosas raíces en Maceda. Eu vivo en Ourense e vou ao pobo e ao final coñécenme. Gústame ir alí e disfruto moito de Maceda.
Nunca falta vostede ao Entroido?
Home claro! Non mo perdo!
Que pensa que é o que fai diferente?
Penso que todas as partes do Entroido son magníficas. A baixada da Marela é máis festeira, as reunións para comer…
Cal é o seu momento favorito do Entroido de Maceda?
Se teño que dicir o meu momento favorito, quédome coa baixada dos felos. Pasan pola miña aldea, por Santirso, e ver como interactúan coa xente que vive alí todo o ano… Aos maiores cámbialles a cara. É súper divertido e moi sentido ao mesmo tempo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
CON MARGEN DE MEJORA
El COB, todavía lejos del techo
PRIMERA FEDERACIÓN
Javier Orbán, presidente de la UD Ourense: “Esta semana habrá entrenador”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente