A educación sexual regresa aos centros de ensino de Allariz
As formacións serán impartidas pola educadora familiar e pola técnica de igualdade do Concello, e os contidos das mesmas estarán vencellados co feito de ser sexuados e sexuadas e as implicacións deste feito para as relacións entre as persoas e a convivencia.
Ao longo deste mes de maio, os escolares alaricanos asistirán novamente aos ciclos de educación sexual, promovidos dende os propios centros e dende a Área de Benestar Social do Concello de Allariz. Concretamente, a iniciativa destinarase nesta ocasión aos cursos de sexto de Primaria do Colexio Padre Feijoo e segundo da ESO do IES de Allariz.
As formacións serán impartidas pola educadora familiar e pola técnica de igualdade do Concello, e os contidos das mesmas estarán vencellados co feito de ser sexuados e sexuadas e as implicacións deste feito para as relacións entre as persoas e a convivencia.
Dende a Área de Benestar Social explican que os contidos traballaranse “dende unha actitude comprensiva e de cultivo, entendendo e valorando as diferencias e cultivando así a convivencia, obxectivo final deste tipo de intervencións”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”