TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
O curso académico tamén comeza de novo no Fogar dos maiores de Allariz, nas escolas de pintura e música, e na Casa da mocidade da vila. Así, dende o Consistorio preparan unha ducia de actividades para as que será posible anotarse nos vindeiros días.
Por unha banda, no Fogar dos maiores haberá, a partir de outubro, alfabetización dixital para a vida cotiá -móbil, tablet e ordenador-, ximnasia terapéutica, estimulación cognitiva, clases de canto, e arte ou creatividade. As inscricións abriranse o vindeiro día 15 de setembro e as persoas interesadas nestas iniciativas poderán contactar no teléfono 988 554 059 ou enviar un correo electrónico a fogardosmaiores@allariz.gal.
Por outra banda, o prazo de inscrición abrirá no caso das escolas de música e de pintura o próximo 19 de setembro. Neste caso será posible anotarse -a través do teléfono 988 44 08 59 ou do correo electrónico cultura@allariz.gal- a linguaxe musical, a piano ou guitarra, así como a outros instrumentos máis tradicionais como gaita, pandeireta ou percusión. A escola de pintura tamén abrirá o seu prazo de inscrición na mesma data.
Por último, a Casa da Mocidade de Allariz está ultimando os detalles da programación que ofrecerá este outono e que pronto dará a coñecer. Haberá, entre outras, aulas de batería, de guitarra eléctrica e de batucada. Para obter máis información neste caso está dispoñible o correo electrónico mocidade@allariz.gal ou o teléfono 988 442 107.
No tocante á oferta deportiva, a concellería desta área ofrecerá este ano baloncesto, fútbol, piragüismo e equitación - a información ao respecto está a disposición nos distintos clubes e na Hípica Os Invernadeiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
Juan José Feijóo
La tragedia cambia el sesgo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 3 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 3 de noviembre