TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
Carballo foi un clérigo, historiador e mestre que naceu na pequena aldea de Celeirón, en 1925, e morreu en Salamanca, en 2014. A súa historia comeza cando en 1941 trasládase a Madrid, onde ingresou como novicio nos Padres Paúles. Na capital de España estudou Teoloxía e Historia, licenciándose en 1954. Foi director de colexios da Orde en Madrid e Baracaldo, así como profesor de Igrexa no teologado San Vicente de Paúl en Salamanca, do que foi reitor entre 1965 e 1973.
En 1973 trasladouse a Vigo, como mestre da Escola Universitaria de Maxisterio, iniciando un amplo labor como escritor e historiador. Foi un dos fundadores do semanario nacionalista “A Nosa Terra”, autor de diversas obras de ensaio e participou en numerosos traballos colectivos.
O acto cultural de Maceda será este sábado ás 11:45 horas na Cafetería Castillo, cunha concentración na cafetería do “Cesáreo”, histórico lugar de encontro de Francisco Carballo cos seus amigos de Maceda.
A continuación, ás 12,00 horas, na Praza Francisco Carballo, haberá unha vindicación do seu legado coa lectura dun singular texto da súa autoría. Intervirá na vindicación o investigador Santiago Prol.
Ás 12,30 horas, na Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda, haberá unha colocación de cartaces no espazo dedicado á súa memoria. Contará coa intervención do ex alcalde de Maceda, Bieito Seara.
Na mesa redonda da Biblioteca Pública, intervirán o médico Luís Alfonso Vázquez, o teólogo Antón Gómez e o docente Xulio Gómez Rodríguez, baixo o título de “Compromiso e inculturación arredor de Francisco Carballo, aos nove anos do seu pasamento”.
Na presentación estará Celso Sánchez, tenente alcalde de Maceda. O acto cultural terminará ás 14,00 cunha comida de confraternidade dos participantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
PREVENCIÓN Y DIAGNÓSTICO
“New Heart”, un proyecto de Galicia y Portugal que mejora el estado del corazón
DERECHOS SOCIALES
❌ ✅ Encuesta | ¿Qué te parece la posible derogación de la Ley Trans?