CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
O Concello de Maceda continúa realizando, a través dos seus operarios, tarefas de limpeza e mantemento de cunetas e viais de todo o municipio. Este labor complementa ao xa desenvolvido coa limpeza de viais e o seu obxectivo é contribuir, con recursos municipais -tamén se incorporou un traballador do programa Aprol e dous da Risga- ao coidado, limpeza e seguridade nestes entornos.
“Os traballos de desbroce e limpeza son continuos tanto no rural como na vila. O periodo entre as actuacións ás veces resulta longo porque ven determinado pola meteoroloxía, circunstancia esta compensada pola profesionalidade dos nosos traballadores municipais”, explicou Ana María Rodríguez Blanco, Concelleria de Medioambiente e Servizos Sociais no Concello de Maceda. “Polo que agradecemos á veciñanza a actitude de comprensión. Sen pausa, conseguimos ir atendendo as necesidades”, engadiu a edil.
Por outra banda, a responsable de Medioambiente neste municipio quixo valorar tamén “en positivo” o feito de que “os veciños e as veciñas contacten co Concello para expoñer situacións que consideran necesarias dunha actuación. Tamén a colaboración no respecto e coidado do noso entorno”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy sábado, 19 de septiembre