ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
Festas en Ourense
As festas na honra a Santa Eufemia en Parada do Monte, no concello de Lobeira, comezarán mañá e rematarán o sábado día 26. Dous días de festexo onde os veciños da vila querrán pasar un tempo divertíndose cos seus familiares a amigos.
Ás 21,30 horas, novena cea popular de Parada do Monte, no campo da festa. Para a adquisición dos tickets deberase contactar cos membros da comisión de festas. A data límite para facelo é hoxe, e o prezo son 15 euros. Haberá unha carpa de grandes dimensións para que a diversión esté asegurada. A cea estará amenizada polos Gaiteiros de Cadós. Ás 00,00 horas, gran verbena amenizada pola Discomóbil Show.
Comezará o día cun pasarrúas amenizado por unha charanga. Ás 12,30 horas, saída da procesión dende a Igrexa Parroquial. De seguido, misa campestre na capela do campo da festa e sesión vermú. Ás 17,00 horas, actividades gratuitas para os máis cativos na aira de vila con festa da escuma e inchables acuáticos. Ás 21,30 horas, gran verbena amenizada pola gran orquestra revelación 2023: a orquestra portuguesa Costa Verde. Tamén haberá unha sesión de discomóbil show para rematar por todo o alto as festas na honra a Santa Eufemia de Parada do Monte.
Roberto Álvarez, da comisión de festas, cóntanos cómo vai transcurrir a festa en honra a Santa Eufemia: “Moitos anos levamos celebrando isto. Vai vir moita xente a festa. Temos unha cea que incluirá carne ao caldeiro por 15 euros. O sábado hai unha charanga e unha orquestra portuguesa e xogos tradicionais.
Somos 7 da comisión. Levamos varios anos organizando. O sábado hai festa da escuma. A festa celébrase na Aira da vila. Para rematar quero agradecer a toda a xente que colaborou con nós para organizar esta festa”, conclúe Roberto Álvarez.
Parada do Monte conta coa Igrexa de Santa Eufemia onde se farán os actos relixiosos nos días de festa en honra a patrona da vila.
A Igrexa Parroquial está situada no centro da poboación. Construída sobre outra anterior, é de planta rectangular, na que un arco de medio punto serve de paso entre a nave e o presbiterio. A fachada está enmarcada por pilastras nos extremos. Os ángulos están moldurados, e no centro, unha fornela con forma de vieira recolle a imaxe pétrea de Santa Eufemia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
IMPULSO AL EMPLEO LOCAL
Muíños y Lobios activan empleo del sector servicios
CASI DOS VUELTAS AL MUNDO
Ramiro, el párroco boliviano de los 78.000 kilómetros en la Baixa Limia
VICEPRESIDENTE TERCEIRO DA DEPUTACIÓN
Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muíños: “Se as administracións apostan polo rural, entón teremos futuro”
Lo último
FALTA DE PRESUPUESTOS
El Gobierno utilizó fondos de la Unión Europea para pagar pensiones
MOVIMIENTO EN EL MERCADO
Los Escribano salen de Indra y venden su 14,3% tras el choque con el Gobierno
CONCENTRACIÓN DE PROTESTA
La moción en Lugo provoca un rifirrafe en el Parlamento de Galicia