CARTA A UN GRAN PROFESIONAL

Quero nestas liñas expresar a miña admiración e gratitude por un traballador anónimo.
Esta gran persoa despois de superar algunha titulación superior (ou tal vez non) e superar durísimas e esixentes probas físicas, consegiu a sua placa e o seu uniforme para satisfacción de todos e do seu ego. Ahora patrulla as rúas da cidade resolvendo graves problemas para a cidadania, como retirar coches aparcados nun 'Carga e descarga' sinalizado dous días atrás. Desgraciadamente, non todos os axentes do corpo son tan profesionais coma él. Hainos que se limitan a velar pola seguridade dos cidadáns e resolver os problemas de verdadeira importancia que suceden na vida diaria da cidade, pobres!... que deshonra para o corpo. Gracias a este heroe anónimo hoxe son mellor cidadán, miro e remiro os recunchos legais que poden suporme algunha sanción. Ante a duda procuro deixar o coche en lugares onde non molesta nin interrumpe a circulación como a doble ou triple fila á saida dos colexios, as paradas de buses ou os pasos de peóns? porque ahí o meu amigo non se acordará de pasar, ocupado como estará en perseguir a conductores despistados para engordar as arcas dos corpos de racaudación, perdón? de seguridade. Si me renoces pola rúa non dudes en saudarme, estarei encantado de agradecerche personalmente o teu bo facer.

Te puede interesar
Más en Cartas al director