falta de cordura en EDUCACIÓN

Esta carta foi escrita como medida de protesta por determinados aspectos relacionados coa Xunta, en especial coa parte de Educación, que a min me afecta tanto como alumno como profesor.
Como alumno, direi que estou matriculado no Conservatorio Superior de Vigo, e que o día 30 de novembro do 2011, unha profesora pediu baixa por maternidade. Adxudicárona o día 10 de xaneiro do 2012, poucas semanas antes dos exames. Xa non lles bastou con prescindir das licencias por estudos para acabar as licenciaturas, senón que tamén poñen impedimentos para que os alumnos rematen as súas carreiras.

Como profesor, o problema é que recibía as miñas nóminas en papel. Síntoo, chámenme retrógrado ou o que queiran. E agora queren deixar de envialas para 'aforrar papel e coidar o medio ambiente'. Paréceme perfecto, pero entón ¿por qué cada vez que concursamos, baremamos puntuacións, solicitamos permutas, etcétera, todo o temos que entregar en papeis cotexados, que logo perden e volven pedilos unhas tres veces mínimo? ¿Por qué fixen un curso on-line para a Xunta, envíanme o título en PDF ó meu correo, firmado electrónicamente cun código (que ten que ser comprobado por internet), que logo terei que enviar en papel cotexado para que vexan que teño esa puntuación? ¿Por qué cando solicitamos algo fánnolo facer on-line e despois temos que imprimir na nosa casa dúas copias: unha para entregar impresa á Administración e outra para que nos quede con rexistro de entrega por se acaso a perden? Teñamos un pouco de coherencia, e se suprimen o papel para as miñas nóminas e cursos, que polo menos colaboren en deixarnos entregar a información por internet.

Te puede interesar
Más en Cartas al director