UN OURENSÁN RUMBO A GAZA

Cinco galegos embarcarán no buque 'Gernika' (un dos doce barcos da expedición) dende un porto do Mediterráneo cara a Franxa de Gaza. Son membros da Plataforma Rumbo a Gaza, e que participan na II Flotilla da Liberdade, que levará importante axuda humanitaria aos maltreitos gazatís.
Un ourensán forma parte activa da debandita plataforma. Avogado dunha sólida e sobrada formación xurídica, densenrola unha vasta laboura en prol da defensa dos direitos humáns. Certamente, é un profesional por vocación. Comprometido, sempre, coas causas dos homes, dos pobos, abocados a inxustiza, a marxinación. Coma falar de Palestina, coma falar dos palestinos de Gaza.

Gaza, a maior carcere do mundo a ceo aberto, onde se amorean 3.750 habitantes por cada kilometro cadrado. Deles, 3.000 sobreviven pola axuda humanitaria. A mesma que levará a plataforma. Calculánse 10 toneladas en materiais escolar, alimentario, sanitario e de construción. A solidaridade dos pobos. E o silencio vergoñento dos gobernos dos chamados democráticos, invitados a verificar a carga e que declinaron. Suecia coma a excepción da regla.

Grazas Fernando Blanco, por lembrarme de que 'seguimos siendo humanos', lema con que se bautizou a expedición, in memoriam de Vittorio Arrigoni, malogrado escritor e activista italiano, paradoxicamente morto polas balas duns fanáticos salafistas.

E moitas máis grazas, por facerme sentir orgullo de ser ourensán.

Te puede interesar
Más en Cartas al director