Sobre o problema lingüístico en Galicia

Acabo de ver opinións e reaccións ás últimas novas sobre o uso das linguas na ensinanza. Celebro a decisión xudicial de respectar o idioma galego e de rexeitar os recursos de Galicia Bilingüe. Todas estas persoas que odian a lingua galega, ou que se sinten molestos con ela, deberían empezar a respectala, aínda que so sexa por educación, por 'boa educación'. A min estes señores xa me aburren.
Desde a intelixencia e desde o respecto por Galicia, señor Andrés Freire e señores de Galicia Bilingüe, por favor, déixeno, porque a súa fobia cansa, porque empezan a ser vostedes maliciosos. Ademáis, desde a Filoloxía, señor Freire, repase ben a historia das linguas e verá que o prestixio na época de Alfonso X tamén o tiña o galego, e repase os seus estudos, que me dá a impresión de que as súas opinións están pouco fundadas na verdade.

Por certo, ¿lembra vostede que o castelán tamén tivo o seu proceso de normalización, é dicir, formación de 'normas'? ¿É que acaso non é iso o que fai a RAE, o que fixo desde o XVIII? ¿De verdade non o sabe ou, sabéndoo, é vostede tan malicioso que actúa e escribe só polo criterio do odio a Galicia? ¿É que non caen na conta, vostede e tantos outros, de que o castelán e o galego son dous tesouros, os dous, e en Galicia especialmente o galego, o idioma galego, repito, idioma? Pensen un pouco.

Te puede interesar
Más en Cartas al director