o ruido da crise

Nun conto de Italo Svevo, un vello triestino antes de ir a cama escoitaba o ruído da guerra procedente do Monte Hermada e preguntábase por que aínda non inventaran a forma de matarse sen facer tanto balbordo.
Nun conto dun admirador de Italo Svevo, un vello ourensán que se parecía a Herr Polzer, antes de ir á cama escoitaba o ruído da crise procedente do Montealegre e preguntábase por que aínda non inventaran a forma de sair da crise sen facer tanto balbordo e sen que sufran os mesmos de sempre.

Te puede interesar
Más en Cartas al director