PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
O BNG celebrou onte o seu 40 aniversario nas comarcas de Celanova e Baixa Limia cun acto no Refectorio do Mosteiro de Celanova, no que se presentou o libro “40 anos ao servizo de Galiza”, de Manuel Anxo Fernández Baz, editado pola Fundación Galiza Sempre. “O BNG foi converténdose nunha ferramenta necesaria para transformar Galiza grazas a ter un proxecto e unha militancia firme”, sinalaba o autor.
No acto participou a deputada nacionalista por Ourense, María González Albert, así como dous históricos do Bloque nestas comarcas: Sindo Rodríguez, que foi o candidato á Alcalde en Celanova nas eleccións de 1983 e 1987; e Xosé Rodríguez Cid, ex concelleiro, ex deputado provincial e delegado de Medio Rural en Ourense durante o goberno do bipartito na Xunta (2005-2009).
Ambos compartiron con outros veteranos militantes nacionalistas as experiencias daqueles primeiros anos, cando o BNG logrou representación en Ramirás en 1979, ata a chegada ao goberno da Xunta. O libro recolle ano por ano a historia do país e as accións do BNG entre os anos 1982 ao 2022.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
NOCHE DE MISTERIO Y TERROR
Atrévete al “Claustro das ánimas” en Celanova
Lo último
XENTES POPULARES
A forza da transmisión
ENTRE 5 Y 6 METROS DE ALTURA
Muere una persona al caer con su tractor por un terraplén en O Barco