Pontón propón en Maceda a rehabilitación do seu castelo
Tras o anuncio da rehabilitación do Castelo de Monterrei, Ana Pontón propón outra rehabilitación, a do castelo de Maceda
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, protagonizou onte unha intensa xornada en Ourense que empezou no concello de Maceda e pechou en Vilar de Santos, onde mantivo sendos encontros co empresariado local e coa asociación de mulleres rurais, e concluíu coa presentación do candidato á Alcaldía, Antonio Míguez, o actual rexedor municipal.
Pontón expresou o seu convencemento de que o BNG seguirá tendo “a máxima confianza e o máximo apoio” da veciñanza de Vilar de Santos nas próximas eleccións municipais. Nese sentido felicitou ao alcalde, Antonio Míguez, “que está facendo unha excelente labor”. Engadía que o obxectivo é o de “seguir cun goberno municipal que xestiona con eficacia cada euro, que sabe escoitar e dialogar, que transforma en positivo mellorando a vida da xente e que camiña man a man cos veciños e veciñas”.
Tamén destacou a “iniciativa e o empuxe” que demostra este concello, cun parque empresarial xerando riqueza e emprego, cun Museo da Limia que aposta pola dinamización cultural en toda a comarca, e que promove un desenvolvemento sustentable no que conviva a actividade económica co respecto aos valores ambientais e ao patrimonio natural.
En Maceda, Ana Pontón falou de propostas concretas para mellorar as comunicacións e a mobilidade, para urbanizar e acondicionar a travesía central respectando as peticións da veciñanza e propostas para rehabilitar o patrimonio arquitectónico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DISTRICTO CENTRAL DE LEIRÍA
Un incendio forestal procedente de Portugal cruza la frontera y alcanza ya la zona de Manzalvos, en A Mezquita
LA ESTACIÓN MÁS LARGA DEL AÑO
El verano empieza este domingo, 21 de junio, a las 10:24 horas
VIAJE INSTITUCIONAL DE CLAVIJO
Canarias prepara más de 30 actos para celebrar los 300 años de la fundación canaria de Montevideo