ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
USO DA LINGUA
Os cemiterios de Parderrubias (A Merca) e Mourillós (Celanova) foron escenario onte dunha xornada de restauración da memoria lingüística de Galicia, “En galego, agora e sempre”. Un acto no que non faltaron os gaiteiros e os poetas, nunha terra galegofalante, onde as lápidas dos mortos son maioritariamente en castelán. “Non ten moito sentido que se aquí vivimos e falamos en galego, nas lápidas, nas pedras que poñemos para mandarnos á eternidade, poñamos unha lingua e unhas palabras que nós non usamos nunca na vida”, dixo ante aos seus conveciños Alfonso Grande, avogado e membro da Irmandade Xurídica Galega.
Ao seu carón, José González, vicepresidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, asentía. “Entregóuselles aos marmoristas, sen querer crear unha imaxe virtual distinta do que é a realidade. Uniformizan os cemiterios. Os epitafios debían ser epitafios sentidos e non de aluguer. Se as tumbas din todas o mesmo, despersonalizas a relación entre o vivo e o morto”, dixo o xurista. Con estas actividades, que ao longo de varias décadas veñen sucedéndose por todo o país, “nós pretendemos facer unha actividade de carácter pedagóxica. Este acto pasa a formar parte do tecido capilar do país, porque a xente que hoxe está aquí falaralle á veciñanza doutros pobos… E iso vaise transmitindo”, dixo.
Encontros sinxelos, con 40 ou 80 veciños coma os que onte se xuntaron ao carón do camposanto de Santa Olaia e San Pedro, “pero que callan entre a xente. Eu fago unha comprobación sobre isto e sorpréndeme como a xente reflexiona ao respecto que aí se di”, afirma sinalando á placa instalada onte no val de Mourillós, “e é curioso porque alí onde se colocaron placas como estas, ao pouco empezaron a aparecer lápidas novas. Non podemos ser moi optimistas respecto das necrolóxicas que saen nos xornais. O número de esquelas en galego descendeu”, lamentaba González.
Senllos actos foron tamén motivo para render sinxelos, pero moi emotivos, homenaxes a dúas persoas falecidas da parroquia. En Parderrubias, a homenaxeada foi Luzdivina Prieto (1909-1986), parteira e sanadora. “Os meus avós coñecéronse en Cuba, e todo o que a miña avoa aprendeu alí, púxoo en práctica neste pobo”, lembraba onte a súa neta, María Luisa Seara, e tamén o alcalde, Manuel Garrido, quen destacou o seu carácter altruísta e solidario de quen foi un “faro” que traballou “a cambio de nada en prol da nosa comunidade”. No val de Mourillós a figura homenaxeada foi Manuel Castro, o “gaiteiro de Penalta” que inmortalizou Manuel Curros Enríquez nun dous seus poemas e de quen presumía ser alumno o zanfonista Faustino Santalices. Unha lembranza que contou coa intervención do alcalde, Antonio Puga, quen destacou a importancia de preservar a lingua, do escritor Antonio Piñeiro e Sara Feijoo, quen leeu uns versos do poema de Curros Enríquez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 21 de marzo
SABOR DE BOCA AMARGO
El Arenteiro sigue sin coger aire ante el Celta Fortuna (1-1)
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 21 de marzo