ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
ENTREVISTA
Cun discurso que emocionou aos presentes no claustro barroco, Xosé Cid asegura, aos 74 anos, que a súa derradeira escultura "aínda está por facer".
Que significa para vostede este recoñecemento?
Para min é unha honra. Eu non son un soñador de premios, pero que me concedan un pola miña traxectoria é unha satisfacción.
Foi un artista autodidacta, ¿que diferencia ás persoas coma vostede das que reciben unha formación específica?
É totalmente diferente, si vas a unha escola aprendes, se eres autodidacta tes que ir descubrindo por ti mesmo as cousas. É algo que te supón moito máis traballo.
Vostede abriu o seu propio camiño.
Eu fun autodidacta porque non tiven outra alternativa. Gustaríame ter ido a Belas Artes, pero as circunstancias eran as que eran. Cando cumprín 11 anos os meus pais decidiron que tiña que poñerme a traballar, aprender un oficio. Aos 14 anos xa me gañaba a vida e descubrín que xa dependía de min mesmo e do meu traballo.
A arte coma vostede a concebiu e a revolución dixital da actualidade, ¿son compatibles?
Hoxe tocamos un botón e entramos en todos os museos e onde queiramos. Daquelas non, nin tan sequera tiña libros. Cantas máis posibilidades, mellor.
Cal é a súa creación artística máis prezada?
Eu son un artista que nunca estou conforme. Cando remato unha obra, para min xa pertence ao pasado. O que me interesa é o presente ou o mañá, se chega. Cando fixen a miña primeira exposición parecía que non cabía polas portas, era xoven e estaba moi emocionado. Hoxe, con 74, estou cheo de dúbidas. Creo que esto quere dicir que, coma creador, aínda estou aí.
Podería recordarme cal foi a súa última escultura?
A miña última escultura aínda está por facer. Hai unha frase que di que aos artistas soamente Deus os xubila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
65% MENOS EN 10 AÑOS
La cifra de ourensanos que emigra se reduce a 218, el mínimo histórico
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Mi madre y el cuco, y otras aves