Entroido

Entroido, Antroido, Entrudio | O Charrelo, a Vella, a Morte, o Boi e o Zamarreiro da Veiga

O ciclo "Entroido, Antroido, Entrudio" mostra cómo son as diferentes figuras do Concello da Veiga

No concello da Veiga teñen até vintesete máscaras diferentes de entrudio, identificadas, que están tratando de recuperar inda que son conscientes de que son moitísimas e será moi complicado, entre outras cousas porque fai falta tamén xente que se vista. De momento recuperaron o charrelo, a vella, o boi, o zamarreiro e a morte. 

O municipio padeceu unha emigración masiva nos anos 60 do século pasado, a mocidade marchou e nos pobos soamente quedou a xente maior, que xa non podía saír a correr coas máscaras. 

Hai sete anos, a Asociación Son de Trevinca, Fulión de A Veiga e o Concello comezaron con esta iniciativa. O primeiro foi o charrelo e cada ano foron tentando recuperar algunha figura máis. Todo comezou indo pobo por pobo e así descubriron que en cada lugar había un rito ou unha figura diferente. Despois levouse a cabo un estudo realizado pola UVigo no que investigaron todas as manifestacións do entrudio no municipio e que conclúe que A Veiga probablemente sexa o entrudio galego con máis número e variedade de máscaras e rituais, entre os que se atopan os fachois, a fariña, os farrapos, os lardeiros e lardeiras… 

O zamarreiro saía no pobo de Corzos e na zona de Vilanova, leva un traxe de liño e vai recuberto con peles. 

A vella é do pobo da Veiga, soía disfrazarse un home que saía a meterse co resto de veciños. 

O charrelo, orixinario do pobo de Baños, o que fai é correr e facer moito ruído para ir apartando a xente cando o fulión vai tocando, abríndolle paso. Viste unhas botas negras que substitúen as antigas galochas, todo o seu traxe é de liño. Sobre os hombreiros levan un mantón de Manila e unha faixa na cintura para amortiguar ás esquilas. Na cabeza, un sombreiro feito con flores de papel do que colagan as escarapelas, e a cara cuberta por unha carta de madeira. Tamén leva un bastón co que se axuda para retirar á xente e que o fulión poida pasar. 

A morte é a que pecha o entrudio. Sae solamente o martes, vai vestida toda de negro e tamén leva unha careta de madeira. Arrastra un cinto de cadeas e na man porta unha gadaña coa que se achega á xente para ameazar con levala con ela.    

O boi facíase con mantas vellas que había pola casa e saían varios, diante do fulión e coa mesma función co charrelo, ir apartando á xente.  

Entre as figuras pendentes está o cinseiro, o que ía botando cinsa. 

Hoxe todas estas figuras acompañan ao fulión porque foi este o que se involucrou en recuperalas. 

Te puede interesar