Maceda vive un dos seus días grandes do Entroido coa baixada da Marela

A tradición, o espectáculo e a emoción mestúranse na baixada da Marela do Entroido de Maceda

Os veciños de Maceda viviron na tarde deste sábado o acontecemento máis esperado do seu ciclo de Entroido. “A baixada da Marela” é un evento que vaise consolidando como unha das citas principais que non deben perderse no Entroido da provincia. A tradición, o espectáculo e a emoción mestúranse neste ritual coas risas e o bo ambiente, e son moitos os que tratan de esquivar a arremetida da vaca de madeira que conducen os veteranos deste Entroido. 

MACEDA 10/02/2024.- Baixada da Marela. José Paz
MACEDA 10/02/2024.- Baixada da Marela. José Paz

Fai máis dunha década, a Asociación Felos das 12 parroquias coñeceu a existencia de dúas vacas de madeira nos pobos de Pías e Baldrei, en Maceda, e decidiuse a recuperar unha tradición que, xunto aos Felos, fai especial e singular este Entroido.

Te puede interesar