RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
Os veciños de Maceda viviron a última hora da tarde de onte o acontecemento máis esperado do seu ciclo de Entroido. “A baixada da Marela” é un acontecemento que vaise consolidando como unha das citas principais que non deben perderse no Entroido da provincia.
A tradición, o espectáculo e a emoción mestúranse neste ritual coas risas e o bo ambiente, e son moitos os que tratan de esquivar a arremetida da vaca de madeira que manexan os veteranos deste Entroido. Hai máis dunha década, a Asociación Felos das 12 parroquias coñeceu a existencia de dúas vacas de madeira nos pobos de Pías e Baldrei, en Maceda, e decidiuse recuperar unha tradición que, xunto aos felos, fai especial e singular este Entroido.
“Pola mañá saíron os felos polas aldeas do concello. Unha celebración para resurxir o rural. As aldeas énchense dunha alegría e felicidade que se reflicte nas caras dos veciños e veciñas. Pola tarde seguiron visitando as aldeas do concello e logo foi a baixada da Marela, unha das celebracións máis importantes que temos no noso concello ao longo do ano. Recibimos á Marela acompañados de carros con fariña e lume”, explicou a alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo.
A celebración de onte contou con centos de visitantes e estivo amenizada polas charangas BCB, Zés Pereiras de Amarante, A Felga e Fuego.
Fotos: José Paz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor