CONSELLO DE LA XUNTA
Sanidade controlará con 18 inspectores las bajas laborales
XACOBEO 2021
Con motivo da apertura da Porta Santa, o próximo 31 de decembro, a Xunta está iluminando un total de 44 dos monumentos máis representativos das diferentes rutas do Camiño de Santiago en Galicia, ademais de 49 noutras comunidades, unha actuación que supón a antesala ao comezo da celebración dos actos do Ano Xacobeo 2021. A iluminación dos monumentos representa desta forma unha espectacular conta atrás do inicio do Ano Santo.
Así, desde o pasado día 22 e articulado en tres fases, cada día ilumínanse diferentes monumentos, seguindo as diversas rutas do Camiño e achegándose en varias etapas ata o destino final en Santiago de Compostela. Alí, os días previos ao 31 de decembro, iluminaranse varios monumentos entre os que se inclúe a Catedral, emblemático final do tradicional Camiño de peregrinación.
A iluminación dos monumentos evoca así o percorrido que realizan os peregrinos, culminando na Catedral de Santiago, coa iluminación da simbólica e compostelá torre do Reloxo.
Nesta significativa acción participan ademais da galega nove Comunidades Autónomas: Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castilla e León, Estremadura, A Rioja, Murcia e Navarra, iluminando un total de 49 monumentos o que fai un total de 93 localizaciones.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONSELLO DE LA XUNTA
Sanidade controlará con 18 inspectores las bajas laborales
CALENDARIO GALLEGO DE VACUNICACIÓN
Galicia amplía la edad de vacunación frente al Virus del Papiloma Humano en varones hasta los 25 años
Lo último
CAMINO A PRIMERA FEDERACIÓN
Conquense, un rival para la gloria de la UD Ourense
A PARTIR DEL 20 DE MAYO
Así quedan los horarios de trenes en Ourense con el nuevo AVE directo a Madrid
RENTA MUNICIPAL
Avión registra la renta más baja de Galicia con 9.365 euros