GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Foto: Miguel Ángel
Romper mitos, revelar datos que sinalan como o viño galego viviu unha gran idade de ouro que o levaba ás mesas máis poderosas do mundo cando non existía a globalización tal como a entendemos hoxe, esas son algunhas das claves de “A marabillosa historia do viño en Galicia”, o libro que ven de presentar o escritor e periodista Luís Cid Congil (Ourense, 1971). Máis de quince anos de investigación nos que mergullouse en arquivos e bibliotecas, buscando documentos que agora ilustran e respaldan os argumentos que conforman este interesante libro.
ONDE NACE ESTE INTERESE POLO MUNDO DO VIÑO?
De neno. Crieime entre cepas, axudando a recoller as varas da poda, os bagos na vendima, porque como moitos ourensáns tiñamos na viña unha extensión da casa. Así que o meu contacto co mundo do viño naceu nunha etapa tan temperá da miña vida que non son consciente de cando foi a primeira vez que sucedeu. Algo moi normal, nesta terra. Pensa ademais que é o único cultivo que ten unha habitación propia na casa, a adega, e que mesmo a estrutura da casa está condicionada polo viño, para soster as trabes das prensas. Ese era o ambiente no que nos criamos os nenos de Ourense que, como na maioría dos casos, tíñamos un ámbito urbano e outro rural.
HAI UN LONGO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN TRAS ESTE LIBRO. CANDO COMEZOU?
É o froito dun traballo de aproximadamente tres ou catro lustros que é o tempo que discorre dende o inicio daquela aventura frustrada que foi o Master de Enoloxía da Universidade de Vigo, a principios da presente centuria. O primeiro que fixera fora a sistematización dos apuntes do módulo da historia do viño que impartín naquel Master e o resto xa e un traballo de investigación, sobre todo xornalístico, no que ademais perseguía aglutinar nun mesmo libro moitos temas que estaban dispersos e, noutros casos, temas nos que había que separar o gran da palla, porque estaban moitas cousas mesturadas.
UN DOS ASPECTOS SALIENTABLES É PRECISAMENTE ESE. FALA VOSTEDE DO VIÑO DE AMANDI E OS CÉSARES, OU ROMPE COA IDEA ESTENDIDA NO PASADO DE QUE O ALBARIÑO FOI TRAÍDO POLOS MONXES DENDE O RIN.
Aquela prolífica imaxinación de Cunqueiro que dicía que o viño de Amandi era grato ós césares, resulta un auténtico anacronismo, porque non conviviron no mesmo período da historia. O que non significa que non fose importante a aportación romana á viticultura galega. Pero os achados científicos recentes e os avances na xenética nos últimos cinco ou dez anos permiten situar cronoloxicamente cada cousa no seu sitio, con probas que o acreditan. Por exemplo, a presenza de sementes de castes que logo evolucionaron no Albariño e outras das autóctonas galegas. Non obstante, isto non desmerece o importante papel que tivo Cunqueiro na divulgación dos viños galegos.
FALA VOSTEDE DUNHA SEGUNDA IDADE DE OURO DO VIÑO GALEGO, QUE ESTÁ A VIVIR AGORA. CAL FOI A PRIMEIRA?
É importante sinalar que é a segunda, agora neste século porque hai viños que viviron a súa primeira idade de ouro a finais do século vinte, como son os do val de Napa en California, os viños de Sudáfrica, por poñer dous exemplos. Nos tivemos a primeira nese tempo de transición da Idade Media a Idade Moderna, que se truncou despois por circunstancias vencelladas ás guerras europeas, moitas delas de relixión e outras circunstancias que foron pechando pouco a pouco os mercados aos que chegaban os viños galegos. E aquí está a importancia, porque sabemos o que pasou e tería que servir para evitar que se repitan as circunstancias.
FOI ALGO ABRUPTO?
Non. Foi unha sucesión de feitos que poderíamos estender ate século XX, coa crise do 1929. As primeiras pandemias fitosanitarias do XIX que asolaron Europa tamén tiveron un peso importante. Por exemplo, dende La Habana había unha gran distribución de viños, nomeadamente do Ribeiro por toda América do Sur, cunha calidade e packaging moi semellantes aos dos viños de agora, vendendo cantidades inxentes de viño, unha venda que quedou practicamente suspendida coa crise de 1929.
CHÁMAME A ATENCIÓN A SÚA REFERENCIA A “DIPLOMACIA DO VIÑO”.
Foi moi importante, porque a introdución de viños do Ribeiro e Albariños nas cortes e nos entornos das elites europeas están vinculadas a certas figuras. Por exemplo, no caso do Ribeiro, o Duque de Lancaster, que asediou Ribadavia e Ourense no século XIV, sentiuse moi agradado por ese viño e foi un dos introdutores do mesmo en Inglaterra no século XIV. Tamén está o caso do Conde de Gondomar, pero tamén é importante salientar o papel das peregrinacións a Compostela que comezan no século XV é achegan en barco peregrinos do norte de Europa que logo, para non volver de vacío, embarcan viño, principalmente do Ribeiro.
NO SEU LIBRO FALA DE GALICIA COMO “RESERVA DA VIÑOSFERA”.
E así é, porque na EVEGA de Leiro hai máis de setenta variedades acreditadas de cultivo tradicional en Galicia. Falamos de variedades tradicionais cando hai un uso de máis de cen anos nun territorio e está adaptada ecolóxica e fitosanitariamente. E España hai documentadas 155. Eso significa que nós, co un por cento do territorio vitícola de España, que é o primeiro plantar do mundo deste cultivo, temos case o cincuenta por cento da diversidade. Da “viñodiversidade”. E ista viñodiversidade é unha garantía de supervivencia porque son variedades que están adaptadas mesmo para resistir o embate de futuras pandemias e incluso ante futuras variacións do clima. Por non falar do feito diferencial que representan esas castes, esas variedades, nos viños galegos e que é un dos factores determinantes do seu éxito actual, nesta segunda idade de ouro que eu penso que é moito máis importante que a primeira, tanto en volume como en valoración dos nosos viños nun contexto globalizado.
QUE TEMOS QUE APRENDER DA PRIMEIRA PARA QUE NON PASE NA SEGUNDA IDADE DE OURO?
Estar moi atentos ó contexto internacional, porque foi determinante nun mundo de guerras e conflictos na Idade Moderna, e pode ser determinante tamén no tempo actual. E tamén estar atentos ás tendencias dos gustos e do consumo, mantendo moi alto o nivel de calidade e non caendo na espiral que se vivira no pasado de tentar sobrevivir a base de abaratar os prezos a costa da calidade porque ese non é o perfil do viño que triunfa. O viño galego que triunfa é ese que aporta unhas características únicas gracias a variedades como a Treixadura, Albariño, Godello, Sousón, Caíño, etcétera.
SERÍA HOXE DO AGRADO DOS CÉSARES O AMANDI?
Sen dúbida a Cunqueiro gostaríalle saber que un viño da Ribeira Sacra chegou á mesa dun dos césares deste tempo, o presidente Obama durante varios anos no caucus dos congresistas hispanos e noutros eventos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
LAS PARISINAS PYTHIES
El público ourensano será testigo de una combinación única de rock feminista y brujería
UN PROFESIONAL COMPLETO
Lucky Seoane, un compromiso con el bienestar emocional a través del cuidado personal
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Arrhythmia
Lo último