INCENDIO DE OÍMBRA
La regeneración de los montes de Laza y Castrelo, más cerca
CAMIÑO DE SANTIAGO
As obras neste núcleo, pertencente á localidade do Riós e polo que pasa a Vía da Prata, son necesarias dado o actual mal estado de conservación e de deterioro do pavimento da devandita rúa, e contarán un orzamento total de 237.251 euros.
Estas actuacións enmárcanse nun convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Concello do Riós ao abeiro do Plan Hurbe o pasado mes de xullo, e segundo o cal a Xunta asumirá o 70% do orzamento desta intervención, mentres que o Concello orriolense achegará o 30% restante.
Deste xeito, as obras permitirán mellorar a accesibilidade da poboación de lugar e contribuír á mellora paisaxística da contorna do Camiño de Santiago.
Con ese obxectivo, levarase a cabo unha reforma da rúa, levantando o pavimento existente, arranxando aqueles tramos da canalización de augas pluviais que presenten deficiencias e colocando unha nova pavimentación acorde coa contorna do Camiño.
O Plan Hurbe que impulsa o Goberno galego trátase dunha iniciativa que ten como finalidade axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO DE OÍMBRA
La regeneración de los montes de Laza y Castrelo, más cerca
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
Lo último
UN MILLAR DE MIGRANTES
La Policía se despliega en el Guano para desalojar el último gran asentamiento en Ceuta
VINÍCIUS EXPULSADO
El Madrid aguanta el tipo frente al Villareal (1-0)