CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
OBRADOIRO DE EMPREGO
A Casa do Concello de Castrelo do Val, como entidade promotora, foi o escenario esta semana da inaguración do obradoiro de emprego “Rodeiro da Cota”, nomeado así en referencia ao punto xeográfico no que conflúe o municipio castrelao xunto cos outros dous concellos implicados, Riós e Vilardevós.
Trátase dunha alianza inédita entre estas tres localidades da comarca, que nunca antes colaboraran xuntas na organización dunha destas ferramentas duais de formación e práctica laboral.
O recén estreado obradoiro formará ao longo de nove meses a un total de 20 alumnos-traballadores, repartidos do seguinte xeito: sete prazas corresponden a Castrelo do Val, outras sete a Riós, e por último seis a Vilardevós. Os participantes formaranse en dúas especialidades. operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, e en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
No acto participou Marta Vázquez Guzmán, directora territorial da Emprego, xunto cos alcaldes. Vicente Gómez, mandatario do concello promotor, Castrelo do Val, agradece ao Riós “que se unira a nós para levar a cabo esta iniciativa, que doutra forma sería difícil de acadar para dous concellos pequenos”. Gómez transmitiulle aos alumnos que “estean á altura do investimento da Consellería, que non é só nos concellos, senón tamén neles e na súa formación”.
Pola súa banda, Eva Barrio, alcaldesa do Riós, afirma que ten “moitas expectativas postas no obradoiro e creo que todos xuntos imos funcionar moi ben. Penso que hai un bo equipo docente e os alumnos teñen bo perfil. Esperemos que lle saquen proveito, a nós estas pequenas obras dannos a vida”.
Por último, Eva Pérez, mandataria de Vilardevós, celebra que o seu concello “recupere o obradoiro, xa que os anteriores gobernantes non atoparan socios para facelo. Fomentar o emprego é unha das máximas do meu goberno”.
O obradoiro “Rodeiro da Cota” conta cun investimento por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de 411.928 euros, máis unha achega dos concellos de 33.226 euros, dos que Castrelo do Val aporta 15.045 euros, Riós 7.731 euros e Vilardevós 10.450 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
REFORESTACIÓN EN MONTERREI
Galería | Numerosos niños reforestan A Caridade tras los incendios del pasado agosto
VINO DE LA D.O.
Maridaje de enoturismo y patrimonio en la comarca de Monterrei
Lo último
REGULARIZACIÓN DE MIGRANTES
El Gobierno desmonta los bulos sobre el proceso de regularización de migrantes en España
VISITA AL VATICANO
Pradales se reunirá con el Papa el 13 de mayo en el Vaticano