CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) publicou este domingo o manifesto "Salvemos o Macizo Central", co obxectivo de dar a coñecer, concienciar e denunciar publicamente a ameaza que o parque eólico de Rebordechao supón para o Macizo Central: "O seu patrimonio natural e cultural, pasando polas posibles repercusións na saúde e a influencia negativa na economía", explican.
A través do manifesto, a delegación de Adega en Monterrei procura reunir o máximo apoio social de cara ao rexeitamento deste proxecto formado por 28 aeroxeradores, cunha potencia de 154 MW en total, "unha auténtica aberración ambiental e paisaxística", sinalan dende a Asociación.
Salvemos o Támega-Adega Monterrei, xunto coa colaboración de Rubén Bermejo e Xosé Romero, son os autores do manifesto, e destacan que "detrás de nós está cada aldea, cada monte, cada costa afectada da nosa terra por esta desfeita que converte a Galicia nunha terra de sacrificio a pasos de xigante".
Ante a situación, a Asociación pide a firma do manifesto para a oposición ao proxecto do parque eólico de Rebordechao, e indican que os apoios acadados a través desa sinatura, "serán entregados diante da Dirección Xeral de Política Enerxética", un organismo do Ministerio de Transición Ecolóxica, que está a tramitar o expediente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Lo último
Para contemplar el eclipse
“Están como locos buscando gafas”, afirman los ópticos de Ourense
PRIMERA FEB
El COB empieza a acelerar el ritmo
Luis del Val
El soberbio imprevisible