O BNG escolle Verín para comezar a súa campaña de oposición ao novo modelo eólico

A comarca de Monterrei é unha das afectadas polo proxecto do parque eólico de Rebordechao

María González, deputada autonómica do BNG, Bernardo Varela, deputado provincial e varios cargos orgánicos e institucionais da comarca, reuníronse esta mañá na Casa da Cultura de Verín para presentar a campaña política de oposición do BNG ao novo modelo eólico

Escolleron a comarca de Monterrei para comezar xa que se verá afectada, xunto coa de Viana, se se poñen en marcha os proxectos reseñados, entre outros moitos parques eólicos ubicados nos concellos de Castrelo do Val, A Gudiña, Viana do Bolo, polo parque eólico de Rebordechao de 154 Mw, coa instalación de 29 aeroxeradores que ten o seu maior grao de afectación no Concello de Laza, “pero tamén en Castrelo do Val, Verín, Monterrei e Cualedro”, destacan. 

Na cita, Varela, asegurou que dende o BNG queren "defender os intereses dos veciños desta provincia", ademáis de deixar constancia de que dende o BNG non se opoñen aos eólicos, "pero si a esta forma de aproveitamento".

Pola súa banda, González destacou que "este tipo de proxectos non son en absoluto interesantes para o territorio, están a desenvolverse en zonas onde hai unha considerada despoboación, nos que hai menos capacidades de protestar", debido á poboación envellecida ou a falta de apoios ao ser poucos veciños. Ademais a deputada considera que "é unha campaña consciente do deterioro das comunidades de montes".

Desde o Consello Nacional do BNG acordaron desenvolver esta campaña porque, máis alá do impacto medioambiental, “reproduce o papel de Galiza como mera produtora de enerxía para xerar importantes beneficios postos en mans de empresas de capital foráneo”, explican dende o BNG.

Te puede interesar