Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Videoconferencia
Esta mañá celebrouse a videoconferencia "De ollos de auga ata O último barco: a serie de Leo Caldas", impartida polo escritor Domingo Villar, e organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Na videoconferencia participaron máis dun centenar de alumnos e alumnas de centros educativos da vila: IES Castro de Baronceli, IES Taboada Chivite, IES García Barbón e CPR María Inmaculada.
Durante máis de media hora, Villar faloulles aos escolares, dunha maneira amena e próxima sobre as singularidades da Novela Negra, e sobre a súa serie policíaca protagonizada por Leo Caldas, un solitario e melancólico inspector de policía.
Ademais, no encontro virtual tamén participou o actor Carmelo Gómez, que interpreta a Caldas na película "A praia dos afogados", baseada na novela homónima de Villar.
Este evento forma parte do programa de videoconferencias temáticas online, organizado pola Biblioteca , no que os alumnos e alumnas dos centros escolares da vila son o principal público das charlas, que se imparten en horario matinal e cunha duración aproximada de 30 minutos.
Tras esta primeira toma de contacto, as conversas son postas á disposición do público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca.
Continuando co ciclo, o próximo 21 de maio, a escritora e avogada Ledicia Costas falará sobre o seu libro "Infamia", e o 3 de xuño, a escritora Eva Mejuto presentara a súa obra "Memorias do silencio".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
Lo último
Rafael Salgado
LEMBRANZAS
Ourense no tempo: álbum de verano | La banca Romero 1914
Francisco Lorenzo Amil
MI PLAN PERFECTO
“En plena canícula…”
segmento prémium
Un refugio tropical con acceso privado al mar en Costa Rica