DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín adapta a súa programación a actual situación sanitaria organizando un total de sete videoconferencias de temáticas variadas, entre os meses de febreiro e xuño do ano 2021. Tamén poñerán a disposición dos centros escolares da vila visitas virtuais polas súas instalacións.
Estas conferencias online impartiranse en horario matinal e terán unha duración de 30 minutos aproximadamente, sendo os alumnos e alumnas dos centros escolares o seu principal público. Posteriormente, as charlas estarán á disposición de calquera persoa que desexe coñecer os encontros a través da canle oficial de youtube da Biblioteca.
Emilia Somoza, concelleira de Educación, Festexos e Cultura, declara que "ante a suspensión de todos os actos presenciais previstos como consecuencia da pandemia do Covid-19, seguimos buscando fórmulas alternativas para manter a actividade cultural na nosa vila", ao que engade que dende o Concello e a Biblioteca entenden que nestes "difíciles momentos, nos que todos estamos obrigados a permanecer tantas horas nos nosos fogares", se precisa buscar proxectos que empreguen as plataformas dixitais e que cheguen á cidadanía dunha maneira totalmente segura.
Ademáis das conferencias temáticas, os responsables da Biblioteca Municipal tamén ofrecerán aos centros escolares verineses a posibilidade de realizar unha visita guiada polas súas instalacións, explicando os fondos cos que contan así coma os distintos traballos e o valor que teñen estas entidades.
As citas programadas pola Biblioteca de Verín.
Dende febreiro ata xuño, desenvolveranse 7 videoconferencias temáticas programadas do seguinte xeito:
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
Lo último