ENTROIDO

O cartaz do Entroido infantil de Verín, feito en A Mezquita

photo_camera A creación dos cativos.
O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar, que terá que adquirir en establecementos do Concello de Verín.

O alumnado do colexio Augusto Assia de A Mezquita deseñou este ano o cartaz co que se promocionará o desfile infantil do Entroido de Verín, que se celebrará o xoves de comadres pola mañá. 

Tal e como vén sendo habitual, foron os representantes dos centros educativos que participan na comitiva os que decidiron, por unanimidade, que o traballo debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile, neste caso, o CEIP de A Mezquita. O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar, que terá que adquirir en establecementos do Concello de Verín.

No desfile participarán este ano cativos de Verín, Castrelo do Val, Riós, Vilardevós, Monterrei, Cualedro e A Mezquita procedentes de distintos colexios e tamén casas niño, garderías infantís ou do programa Kero Kolo.

cartel2

Te puede interesar