Castrelo acondiciona Nocedo do Val: rehabilitación da casa do pobo, da zona da fonte e do forno
OBRAS
Un obradoiro conxunto de Castrelo do Val, Laza e Vilardevós ten traballando en Nocedo do Val a un grupo de albanelaría
Castrelo do Val participa nun obradoiro conxunto con Laza e Vilardevós, que contan cun total de 20 alumnos, repartidos en módulos de xardinería e albanelaría polas diferentes actuacións programadas para dito curso. Unha brigada de 5 usuarios está desenvolvendo tarefas de restauración e acondicionamento dunha área de Nocedo do Val, en Castrelo.
Dende que comezou o obradoiro, a mediados de decembro, e tras a formación oportuna, os alumnos fórmanse pondo en práctica os coñecementos adquiridos. No módulo de albanelaría que traballa na rehabilitación de Nocedo do Val, están a traballar na casa do pobo, na zona da fonte e no forno, que ao remate das obras, locirán cun aspecto renovado e totalmente novo.
Nestes días, están a traballar na reparación das xuntas do forno tradicional de Nocedo, como contou Rubén García, o director, que engadía que "estamos adaptandoo aos fornos antigos, ademáis na casa do pobo meteremos un cuarto de baño acondicionado para persoas discapacitadas e acondicionaremos a zona axardinada da fonte, para darlle un toque renovado a esta zona".
Para que os alumnos leven a cabo estas tarefas, traballan baixo a supervisión de Raúl Alvar, un dos profesores que se encargan de formar e ensinar aos adscritos a este obradoiro conxunto.
O alcalde de Castrelo xunto co director e o profesor do obradoiro na porta do forno.
Ademáis deste obradoiro, o Concello de Castrelo do Val tamén forma parte dun obradoiro da Mancomunidade de Verín, e tamén hai outro en marcha dos municipios de Cualedro, Monterrei e Oímbra.
Pola súa parte, Vicente Gómez, alcalde de Castrelo do Val, contento coas obras, asegura que "son cousiñas que se van facendo e sobre todo estase a formar xente", pondo en valor estas iniciativas. O rexedor municipal remarca que ademais da rehabilitación desta zona de Nocedo, "tamén está estipulado traballar nun local de Castrelo, en noutras dúas áreas de Nocedo do Val", no que atinxe a este concello.
Respecto ás actuacións que se están desenvolvendo en Laza e Vilardevós, Rubén García conta que de momento en Vilardevós a actividade está parada, "a espera de que mellore o tempo para poder comezar as labores oportunas", mentres que en Laza "se está traballando en xardíns e preparando madeiras de bancos, ademais do acondicionamento da área recreativa do Toural".
Futuro
Dende o Concello de Castrelo do Val, Vilardevós e Laza están preparando a documentación necesaria para solicitar á Xunta de Galicia outro obradoiro, que no caso de que sexa concedido comezaría en setembro, ao remate do que está agora en marcha.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
Lo último
FINANCIACIÓN AUTONÓMICA
María Jesús Montero insiste: “Buscamos la redistribución de la riqueza”
CITACIÓN PARA AMBOS
Salazar y Zapatero acudirán a la “comisión Koldo” del Senado
VICTORIA IMPORTANTE
El COB se hace gigante en el derbi en un Pazo entregado (96-93)
PASIÓN POR EL BALONCESTO
Galería | Tarde de baloncesto y derbi gallego en el Pazo, en imágenes