O Cim de Verín presta servizo a 78 mulleres que sofren violencia de xénero
Campaña 25-N
O Centro de Información á Muller organiza diferentes propostas para traballar cos máis mozos
A Casa da Cultura de Verín acolleu este luns un coloquio sobre os resultados obtidos dun estudo que realizou a Universidade de Vigo na comarca sobre violencia de xénero e mocidade. Impulsado polo Centro de Información á Muller (Cim), o acto foi aberto ao público en xeral e amosou aos presentes -pais, nais, axentes sociais…- a perspectiva deste tipo de violencia entre os adolescentes.
Esta cita enmarcase nas actividades que organiza o Cim verinés con motivo do Día contra a Violencia de Xénero (25-N). Este ano, a entidade focalizouse nas persoas máis mozas. A pasada semana impartiuse un taller sobre ciberviolencia no IES Castro de Baronceli e o vindeiro 1 de decembro, María Angélica Mercado, especialista universitaria en estudos de xénero, impartirá unha charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual no mesmo centro.
O Cim atende nos seus múltiples programas a 300 familias na comarca. Destas, 78 mulleres reciben seguimento por parte das profesionais do centro debido a algunha das múltiples formas de violencia contra as mulleres. Os datos amosan a necesidade de loitar contra esta lacra “todos os días do ano”.
Neste sentido, dende o centro comarcal organizan talleres de sensibilización todo o ano. O xoves tamén repartiran 400 bolsas e 1.000 pegatinas co lema “Recicla, o machismo xa non vale”.
Campaña "Recicla o machismo"
Baixo este lema, dende o Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Monterrei mandan esta mensaxe: "Recicla o machismo, xa non vale, non se leva, non o queremos. Recicla a actitude, os estereotipos, os mitos, o amor romántico, o privilexio, o control, o poder, as excusas. Convérteo en algo mellor".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último