A cooperativa Verín Biocoop, beneficiaria do bono Consolida

030622 Bonos Consolida 2
photo_camera Visita á sede da cooperativa.
A Xunta de Galicia destinará na provincia un total de 219.366 euros a 24 entidades de economía social

A Xunta de Galicia destina preto de 220.000 euros a 24 entidades de economía social da provincia a través das axudas dos bonos Consolida. O pasado ano a cooperativa Verín Biocoop SCG foi beneficiaria desta liña. Por iso, Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense, se achegou a súa sede, acompañado de Gerardo Seoane, alcalde de Verín. 

O delegado territorial explicou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade fixo unha achega de 219.366 euros e anunciou próxima a publicación da nova convocatorio dos bonos Consolida e ES-Transforma para seguir impulsando en Galicia a creación e a consolidación de entidades de economía social, un modelo cun impacto na comunidade galega de máis de 3.000 millóns de euros, que representa o 7% do PIB e que está formado por máis de 3.100 compañías que dan traballo a 14.000 persoas. 

Características dos bonos

Para a convocatoria deste ano, cun orzamento total de 1,5 millóns de euros, apoiarase con axudas de ata 20.000 euros a consolidación de entidades de economía social mediante axudas que inciden na transformación dixital e tamén na mellora da eficiencia enerxética para impulsar a actividade económica das empresas contribuíndo ao incremento da súa competitividade e, en definitiva, mantendo emprego de calidade. Financiaranse a adquisición de equipos informáticos, desenvolvemento de páxinas web e gastos de markenting, entre outras cousas.

O bono Es-Transforma, impulsa a recuperación de negocios en crise ou sen opción a remuda xeracional mediante fórmulas de economía social, apoiando ás persoas traballadoras que decidan asumir a titularidade destes negocios mediante a creación de cooperativas ou sociedades laborais, con apoios máximos de ata 74.000 euros.

Os dous programas enmárcanse no compromiso da Xunta de reforzar a economía social, un eido ao que destina este ano máis de 35 millóns de euros. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de desenvolver a Estratexia Galega de Economía Social, na que entre 2019 e 2021 se investiron máis de 89 millóns de euros.

Te puede interesar