COLAPSO DE LA ESTRUCTURA
Arranca la limpieza del cauce del Támega en la “presa mai”
A Biblioteca Municipal de Verín organiza esta tarde un contacontos en colaboración co CRA Monterrei. Os protagonistas son os mozos e mozas estudantes que están a realizar prácticas neste centro educativo procedentes da selección final realizada pola Fundación Princesa de Girona dentro do proxecto "Generación Docente".
Nesta iniciativa participan dous estudantes de maxisterio, Lydia Cases e Raúl Vega, procedentes de Valencia e Jaén, seleccionados entre máis de 200 estudantes de 17 universidades, formando parte dun grupo de 30 seleccionados que están asignados a 23 CRAs de Galicia, Aragón e Extremadura.
Na actividade organizada tamén colaborará Gianna Nicole, auxiliar de conversa americana que traballa no CRA Monterrei desde xaneiro, que se debe a que este centro educativo ten concedido o programa plurinfantil.
Así, neste contexto, os mozos destinados a Monterrei daranlle voz, a través da canle de Youtube da Biblioteca de Verín ás 18:00 horas, a obra de Carmen Gil, "Pápote a bicos".
A Fundación Princesa de Girona puxo en marcha o Proxecto "Generación Docente" coa finalidade de posibiltar a realización de prácticas en escolas rurais de referencia a estudantes de último curso do Grao de Educación Primaria e de Educación Infantil menores de 25 anos.
Unha das condicións para participar no proxecto era realizar as prácticas noutra comunidade autónoma para experimentar con outras realidades que lles permitisen aos estudantes saír da súa zona de confort.
Ademais, animábase a futuros formadores a que elaborasen actividades de impacto na zona asignada, participación -nesta ocasión- contando un conto en galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLAPSO DE LA ESTRUCTURA
Arranca la limpieza del cauce del Támega en la “presa mai”
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Ourense brilló en MasterChef?
TRADICIONES RECUPERADAS
Penitentes y faroles, hitos de la Semana Santa en la comarca de Monterrei
Lo último
IMPULSO AL COMERCIO LOCAL
Una marca de calidad abre un nuevo establecimiento en pleno centro de Castro Caldelas
FLORACIÓN Y SIGNIFICADO
El lirio y la Semana Santa: características y cuidados esenciales