ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense
Eva Barrio fíxose coa alcaldía de Riós o pasado 28M, logrando maioría absoluta con sete edís, fronte aos dous socialistas. Un éxito para a rexedora, quen se presentou por primeira vez á alcaldía tras estrearse no cargo hai un ano.
Como acolleu os resultados?
Con moita satisfacción. Sentirse apreciada e querida é a mellor sensación que se pode acadar. Un ano de goberno e que a xente apoiara a nova maneira de facer e traballar é algo marabilloso, xeroume ilusión, así como gran responsabilidade.
Como foi a primeira etapa como alcaldesa?
Foi un ano duro, a vida cámbiache totalmente, renuncias a moitas cousas. Compatibilizar o meu traballo e as funcións da Alcaldía requiren de moito esforzo e traballo, foi un ano de superación persoal e laboral. E foi un ano moi satisfactorio, o trato coa veciñanza encántame e tiven esa gran oportunidade. Penso que foi un ano de xestión moi correcta.
Primeira campaña ao fronte.
A campaña non é só de 15 días, é de todos os días do ano. É unha grande responsabilidade encabezar unha lista electoral. Debes dar o mellor de ti para que a xente confíe en ti, elaborar un programa electoral para trazar as liñas de futuro, formar e liderar unha equipa e ao mesmo tempo non deixar quedar mal ás siglas coas que te presentas, non é traballo doado.
Como é o trato coa oposición?
O certo é que imos gobernar cunha maioría moi folgada. O trato coa oposición e pouco e cordial. Espero que siga sendo cordial, terán a man tendida para traballar e sumar, e sobre todo espero que sexa unha oposición construtiva e colaboradora.
Cales son os novos obxectivos?
Presentámonos as eleccións cun programa e pretendemos cumprilo. A grandes trazos e por orde de importancia traballaremos para solucionar os problemas da auga, o aforro enerxético, de potenciar o sector turístico e cultural e por en valor o noso territorio.
Como ve a marcha de Baltar?
Manuel Baltar acaba de ter un extraordinario acto de xenerosidade, espero que o resto da familia do PP de Ourense teñamos esa mesma xenerosidade e saibamos estar á altura das circunstancias. Son tempos de sensatez e respecto á vontade do electorado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565