José Luis Doval: "Entendo as queixas das mulleres, pero a decisión é cuestión de seguridade"

Ourense. 06-04-17. Local. Xornada formativa quirúrxica no Chúo. Jose Luis Doval
Foto: Xesús Fariñas
O Xefe de Xinecoloxía do CHUO estivo onte en Telemiño onde defendeu a decisión de pechar Partos en Verín

O xefe do servizo de Xinecoloxía do CHUO, Jose Luis Doval, estivo onte en Telemiño. Defende a decisión de pechar Partos en Verín, "unha medida técnica" mentras razoa que "ao mellor non fomos capaces de explicar por qué se cerraba. E a población ten un sentimento de pérdida e ese sentimento se agrava agora".

Por qué se toma esa decisión?

Este ano vaise chegar como moito a 70 partos en Verín e todas as sociedades científicas, tanto de pediatría –300 de límite– como de xinecoloxía –sitúa en 600 partos–, din que con un número de partos tan baixo non se debe manter aberta unha zona de paritorios, salvo que por temas de moita distancia non se poida garantizar o traslado.

Por qué menos casos atendidos supón maior risco e menos seguridade?

Cantas menos veces reproduces un proceso asistencial máis posibilidades de complicacións. O risco non está na parte da xinecoloxía. Fundamentalmente está no neonato, no recién nacido. Os riscos da xinecoloxía xa os tiñamos controlados dende fai tempo. As mulleres con factores como obesidad mórbida, patoloxía cardiovascular, diabetes... xa viñan parir a Ourense. O que se viu é que ainda no partos de mulleres que non tiñan ningún problema, pódese dar un problema e cun número tan baixo de partos non hai capacidade para ser resolutivos ante un problema.

Os profesionais que atenden en Ourense non son os mesmos que atenden en Verín?

Os xinecólogos non, son os que atenden en Verín. Pero o tema de pediatría si que cambiou.Antes había un pediatra de Primaria que iba a atender os nenos no parto. Dende xullo, no que este profesional xubilouse, son pediatras de Ourense os que se desprazan a a atender as guardias. Estos pediatrias guíanse moito polas informacións das súas sociedades científicas que valoran que non están en condicións de asumir un risco que se plantexe nun paritorio en Verín.

Por unha falla de medios e de persoal máis especializado?

Por falla de persoal especializado, de tecnoloxía, de non reproducir os procesos, de enfermería especializada en neonatos, auxiliares... Estes pediatras son os que traballan nese informe que reflexa a situación.

Vendo a evolución da natalidade, pode pasar o mesmo en Ourense nuns anos, que teñamos que desprazarnos a Vigo?

As recomendacións dinnos que si Ourense baixa dos mil partos ó ano –en 2018, 1.250 no CHUO– un 20 por cento dos partos terían que ir a Vigo. Porque xa non poderíamos asistir a prematuros de 27 o 28 semanas, serían tres ou catro ó ano e pérdese práctica. 

Como quedan agora as mulleres verinensas no pre e post parto?

Igual que antes. Os xinecólogos de Verín van seguir facendo o seu traballo. No caso de que sexa un embarazo de alto risco  controlarase en Ourense como ata agora. E o post parto vai seguir controlándose alí. As matronas siguen alí

De Verín a Ourense é distancia razoable nun parto?

É o mesmo caso que están as mulleres de Avión ou as de Riocaldo. Cambiamos unha incomodidade, que eu recoñezo, e entendo as queixas das mulleres, por unha cuestión de seguridade. A administración pode implementar para facilitar o desprazamento destas mulleres pero eu teño que defender os criterios técnicos.

¿En qué casos estaría indicado o transporte sanitario?

No caso das urxencias, por exemplo un sangrado. Romper augas por exemplo non é unha urxencia. 

Entende as críticas políticas?

Non, non as entendo. Cando os políticos saen a criticar esta decisión, ninguén se apoia en informes técnicos. Criticar sen facer unha análise técnica da situación non é xusto.

Te puede interesar