La Región
CARTAS AL DIRECTOR
A razón de ser
CARTAS AL DIRECTOR
Søren Kierkegaard afirmaba que a vida non é un problema que teña que ser resolto, senón unha realidade que debe ser experimentada. Porén, hai unha tríade vertebradora que nos poder guiar polo incerto percorrido que é o ambiguo sendeiro vital: o vínculo; que responde a quen me agarda, o propósito; que teño que facer mañá e o sentido; por que paga a pena que haxa un mañá.
Un concepto que adoita estar vencellado é o da felicidade que se podería entender como unha acumulación de pequenas vitorias e non como un estado terminado; emporiso, só aquel que alcanza o horizonte é feliz, nese paradoxo, xa que ninguén o alcanza, pero si que o persegue e nese camiño desenvólvese o noso ikigai ou razón de ser, a resiliencia e a sindérese, debido a que como enunciaba Marco Aurelio, a nosa vida é o que os nosos pensamentos crean e se as persoas definen as situacións como reais, estas son reais nas súas consecuencias.
Por conseguinte, o ser humano utilizou, dende antano, a súa habilidade cognitiva para elaborar teorías que desen verosimilitude aos seus desexos. Concibiu, procurou e imaxinou maneiras de prolongar a vida nesta terra, xeitos de adiar a morte e darlle a máxima elasticidade. Estas concepcións móvense entre o pensamento lóxico e o máxico, entre o simbólico e o concreto.
Achegándonos á nosa terra e á súa idiosincrasia, podemos caracterizar ao galego ou galega, seguindo as reflexións de Roberto Fernández Álvarez, como adaptativo e pouco ríxido nas súas condutas, capaz de elixir respostas nun amplo abano de posibilidades que se moven entre dous polos.
Manéxase en moitos intervalos de comportamento sen dificultade, de maneira que se poden aplicar ao “modo de ser galego” calidades opostas sen caer na esaxeración, no estereotipo ou no erro: o que Vicente Risco chegou a chamar a ciclotimia galega. Pode o galego, por exemplo, amosarse como sociable, amigo das festas e colectivista nas celebracións e nos traballos, pero tamén como fondamente individualista, celoso da súa casa, dos marcos das leiras, e da autarquía e independencia con respecto da veciñanza. Pódese definir, seguindo a Risco, como un individuo centrípeto, con apego polo seu lugar de orixe e vencellos firmes coa terra e coa paisaxe; mais tamén é un individuo centrífugo, capaz de inventar unha nova vida lonxe do fogar. Polo que se acharía entre o materialismo lóxico e o idealismo lírico, nese chanzo intermedio que sería a sensatez e o sentidiño.
Xián Antón Lorenzo Rodríguez
(Ribadavia )
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
A razón de ser
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Derechos de expresión y opinión
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Una décima no debería decidir nuestro futuro
La Región
Si yo fuera presidente a partir del 29-N
Lo último