Lavado de cara ao Toural en Laza: parque de caucho, mellora da accesibilidade e árbores nos xardíns
O obradoiro tamén acondicionou os xardíns á entrada de Laza e a praza do Calvario en Matamá
O obradoiroconxunto dos concellos de Laza, Vilardevós e Castrelo do Val, un total de 20 alumnos repartidos en módulos de xardinería e albanería, está a traballar en diferentes actuacións no Concello de Laza.
Nestes días, unha brigada de albanería está acondicionando a zona do Toural, no propio municipio de Laza, onde se está arranxando o muro para mellorar a zona cunha rampla e facer a entrada máis accesible, baixo a supervisión de Verísimo Prieto. Ademais, tamén prepararán unha zona verde e de merendeiro e recuperarán o parque infantil, pondo caucho no chan e sustituíndo as pezas en mal estado.
Rubén García, o director do obradoiro, asegura que "a idea é por en valor a zona xa que ten unha pista de pádel, xardín, pista polideportiva, o parque...", e aposta pola recuperación desta área recreativa, ademais de "facer actividade de reciclaxe, aproveitando a area do parque para o muro, e así ensinámoslle aos alumnos a aproveitar materiais".
No que atinxe á brigada de albanería, tamén realizaron as obras, xa finalizadas, da zona do Calvario en Matamá -no mesmo concello-, unha praza renovada para ser punto de encontro dos veciños, onde loce unha pedra cunha inscripción de 1680.
Pola súa banda, a brigada de xardinería que conta con 10 alumnos -con Beatriz Fernández como instrutora- arranxou os xardíns á entrada de Laza dotandoos de adornos característicos como a máscara do Peliqueiro.
García remarca que "o problema que temos cos xardíns é o mantemento, pero neste caso fixemos un mantemento forte, para que os murales se manteñan en bo estado por moito tempo".
Futuro
Nas vindeiras semanas, este obradoiro conxunto, especialmente a brigada de xardinería, comezará a traballar na zona do Concello de Vilardevós, para acondicionar e facer o mantemento dos espazos verdes do municipio e por en valor zonas do seu patrimonio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La mentira del orden internacional. Ya no es geopolítica, es saqueo
SU SOBRINA DE 7 AÑOS
Investigado un hombre por tenencia de pornografia en Ourense
231 VIVIENDAS EN OFERTA
Encontrar piso por menos de 600 euros, una opción en claro retroceso