Laza destacará o potencial dos entroidos ourensáns
III XORNADAS "TEMPO DE ENTROIDO"
Unhas xornadas de divulgación ofrecen ponencias, proxeccións e debates no Concello de Laza
A asociación cultural enLAZAdos, a comisión do entroido, as Silveiras do Támega e o Concello veñen de presentar as III xornadas “Tempo de Entroido”, que terán lugar na casa consistorial o vindeiro 1 de febreiro dende as 16,00 horas.
A tarde contará coa presenza de varios ponentes que falarán de distintos aspectos dos entroidos da provincia dende o plano histórico, cultural ou educativo.
Tamén haberá espazo para proxeccións audiovisuais relacionadas con esta expresión do patrimonio inmaterial ourensán, e un obradoiro de baile e unha foliada abertas a tódolos interesados. As ponencias son ademais de acceso gratuíto.
En primeiro lugar a fotógrafa Lazá presentará a curtametraxe “O Entroido de Camba”, unha peza sobre a celebración desta pequena parroquia do concello, e que recolle vivencias familiares nun contexto de despoboamento do rural.
De seguido falará Gema Gómez Moure, estudante do grao de Educación Primaria, e cun TFG sobre a súa proposta para incluir o Entroido no currículo educativo de Galicia.
A continuación intervirá a arqueóloga Nieves Mado, membro do Consello da Cultura Galega, que analizará as máscaras dende 1900 en “As mil caras dos peliqueiros”.
Por último, haberá un coloquio titulado “Entroido e identidade en perspectiva”, coa participación dos entroidos de Vilariño de Conso, Ribeirao de Santiago de Arriba, os Felos e Madamas de Esgos e os Xenerais do Ulla sobre a preservación da identidade cultural.
Baile e foliada
A xornada completaranse cun obradoiro de baile sobre o Entruido de Arcos, da man de Marta Mosquera, e cunha foliada no forno da Picota na que actuarán Requinta de Lampai e Boas Herbas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 26 de marzo
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino