Os máis pequenos descubrirán a historia do cine no FIC de Verín
FESTIVAL DE CURTAS
A polifacética actriz, narradora oral, monicrequeira, filóloga e contadora de historias Raquel Queizás, natural de Queirugás, regresa un ano máis ao Festival Internacional de Curtas (FIC) “Vía XIV” de Verín co obxectivo de aprender á rapazada sobre a historia do cinema
Así, este mércores, ás 11,00 horas, no Auditorio verinés, os participantes na ludoteca campamento urbano e escolas deportivas do Concello de Verín e dos colectivos Cruz Vermella, Portas Abertas e Femuro, descubrirán como foron os inicios da séptima arte a través de pezas de distintas obras clave do audiovisual mundial. "Se hai máis rapaces interesados, tamén poderán acudir sempre que queden prazas".
A actividade que propón Queizás leva por nome “Con outros ollos”, precisamente chamada así “en referencia ao ollar que teñen os cativos, tan distinto do noso”, afirma a narradora.
“Quero que aprendan que o cine comezou con proxeccións nas feiras, e que daquelas os nenos e nenas traballaban, tiñan o seu propio diñeiro e ían ver as películas dese xeito”, explica la verinesa, que busca facer dos máis pequenos “os auténticos protagonistas dos filmes que lles amosarei”.
Para facilitar que os rapaces se mergullen no seu particular espectáculo, Raquel Queizás aparecerá no Auditorio cun “carro de madeira, pero que transformarei nun cine en miniatura, ambulante, para despois pasar a ser un cárcere e ata un barco”.
O fin destas transformacións é ensinarlles aos “futuros directores, actores e actrices” que todo se pode “transformar, como ocorre no cine, en que calquera cousa pequena pode simbolizar moito”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
Lo último