INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
26 FILMES
Todo está listo en Verín para dar este xoves ás 22:15 horas na Praza García Barbón, o pistoletazo de saída á novena edición do FIC Vía XIV. Un total de 26 filmes de máis de 10 nacionalidades diferentes e unha completa axenda con máis de vintena de actividades paralelas para todos os públicos completan a programación que o mércores se presentou na vila do Támega, coa participación de Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Turismo, Festexos e Conservatorio; Marcos Vázquez, director de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense; e Carlos Montero, director do FIC Vía XIV.
Nesta novena edición “contamos con moitas novidades que reforzan os eixos nos que se basea o FIC Vía XIV: potenciar o talento local, converter a Verín no epicentro cultural da contorna e situar a vila do Támega no mapa, amosando ao mundo a nosa idiosincrasia e os valores que nos definen como sociedade”, dixo Carlos Montero, director do festival, quen destacou a versatilidade da programación deste ano e quixo agradecer ás diferentes entidades organizadoras, patrocinadoras e colaboradoras do FIC.
Samanta Barreira falou da sentida homenaxe que se lle rendirá a Plácido Romero, cineasta verinense recentemente falecido, e tamén salientou a importancia do FIC Vía XIV na creación de sinerxías entre os distintos axentes económicos, culturais e sociais da vila; e fortalecendo os lazos comunitarios. Pola súa banda, o Director de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, trasladou que para o ente provincial é unha satisfacción colaborar “cun evento que xa é un referente cultural na nosa provincia, que potencia a todo o sector audiovisual, que reforza á Provincia de Ourense como terra de cinema, e que ademais non só promove a arte e a cultura, senón que tamén reforza os lazos da nosa comunidade e os lazos con culturas diferentes, así como pon en valor ao tecido social e empresarial de Verín”.
Un total de 26 pezas de diferentes partes de España, Portugal, Palestina, Chipre ou Taiwán participarán no concurso oficial, cun xurado profesional composto por Severiano Casal del Rey, O Festival Entre Curtas e Nora Sola. Asemade, o FIC pon o foco na valorización do talento local coa creación do espazo Cinema da casa, que alberga pezas audiovisuais creadas na contorna de Verín e que entrarán no concurso oficial.
As curtas poderán visionarse no Auditorio de Verín entre o luns 2 e o venres 7 de setembro (haberá un bono de 25 euros). O sábado 7 terá lugar a gala final, dirixida por Manuel Cortés, coa clausura e a entrega de premios aos mellores traballos.
O Auditorio Municipal de Verín acollerá o venres ás 21:30 horas un dos eventos máis esperados polo público local: a estrea do audiovisual “OriXes: dez anos de Nova Era”, que narra de primeira man a historia dun grupo de rapaces do concello que, fai dez anos, atoparon na música tradicional o seu espazo creativo. A banda de gaitas Nova Era “revitalizou a música tradicional da zona”, subliña a organización, que destacou que a banda permitiu a moita xente ter a posibilidade de tocar un instrumento en comunidade. Na páxina web xa se pode facer a reserva para esta e outros eventos da programación paralela que, ao longo desta semana, celebrarase en diferentes espazos de Verín.
Oficialmente o FIC Vía XIV comeza este xoves á noite no centro de Verín. Un evento que este ano estará protagonizado polo grupo Caspervek, que musicalizará ao aire libre e en directo as curtas Fantasmagorie, Alicia País nas Marabillas e Sherlock Holmes.
As actividades paralelas continuarán ata o domingo co espazo Nosteramus, monólogos, experiencia gastronómica multisensorial, concurso de pintura, concertos, podcasts e gravación dunha curtametraxe documental, así como unha exposición fotográfica e a colaboración cos festivais Entre Curtas de Chaves e a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico de Santiago de Compostela (MICE).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
"MIEDO, ANGUSTIA Y DOLOR"
Entre la ilusión de los niños ourensanos y el estrés de los renos en trineo
PRIMERA DERROTA EN EL PAZO
El COB paga carísimo un mal primer cuarto ante un Gipuzkoa muy acertado (77-89)