VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
Miguel Ángel Guerra é o novo director do Conservatorio de Verín, un cargo que asume como un reto para este curso que comeza. Ademais é director da banda de música e profesor de clarinete. A súa vida? A música.
Como recibiu este novo cargo?
Pilloume por sorpresa, con ganas de escapar (ri). É moita responsabilidade e roúbache moito tempo. Eu son músico, non administrativo, levo tres ou catro semanas sen coller o clarinete, cando as miñas mañás eran con este instrumento. A pesar diso, é un reto, espero non decepcionar.
Cales son os obxectivos deste curso?
O meu obxectivo principal sería que o Conservatorio sexa de todos os verineses, que o viran como algo de todos, que servira de manantial de cultura para Verín, que non foramos un edificio cerrado, que a vila participe, xa que somos un centro municipal. Foi unha idea de Álvaro, o antigo director.
Funciona, nos últimos anos o Conservatorio creceu moito…
Si, temos que seguir esa idea de que a xente se vexa partícipe ou saque unha recompensa disto. Aquí hai moito traballo desinteresado por detrás.
Ese traballo é conxunto co Concello, directiva e Anpa. Parécelle beneficioso?
Por suposto. De feito este “bum” non sería nada sen a Anpa, porque os profes somos traballadores do Concello. Realmente quen consegue as cousas non é o director, é a Anpa, son moi esixentes, valen moitísimo e son moi traballadores. Ademais fano sen ánimo de lucro, todo por amor á música. Este ano, grazas a todo o traballo, temos o segundo grado de profesional e a Anpa organiza a celebración dos 30 anos de vida do centro.
Que é para vostede a música?
Para min a música é a vida, sería incapaz de vivir sen ela. A música estivo presente toda a miña vida, unhas veces por afección, outras por traballo, e agora non sei cando estou traballando ou en tempo de lecer, desfruto do meu traballo.
Que ensinanza lle gustaría ofrecer?
O amor polo ben feito, pola música ben feita. Hai que respectar a música, darlle ao público algo de calidade. É unha das pegadas que me gustaría deixar no meu paso polo Conservatorio de Verín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas