Monterrei leva a Festur a Xuntanza Internacional de Gaiteiros
MÚSICA POPULAR
O Concello de Monterrei estivo presente a través de Turismo Monterrei na X Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), que se celebrou no recinto feiral de Silleda
Este ano tomaron parte nos catro días de feira máis de 50 festas recoñecidas como de interese turístico e cultural. Unha delas foi a Xuntanza Internacional de Gaiteiros, que a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense organiza dende hai trinta e nove anos. A XXXIX edición celebrarase este vindeiro agosto, o venres 30 en Flariz e o sábado 31 no Castelo de Monterrei.
Ademais de presentar a Xuntanza, o concello de Monterrei amosou en Festur a súa oferta turística. Foron numerosos os visitantes que se achegaron a coñecer Monterrei ao pavillón 2, no espazo de Turexpo Galicia, así como profesionais interesados en promocionar e dar a coñecer Monterrei entre os seus clientes. Entre outras actividades, o xoves 30 de maio fíxose unha degustación de viños da Denominación de Orixe (D.O.) Monterrei.
José Luis Suárez, alcalde do Concello, considera que a Xuntanza Internacional é “un evento moi importante a nivel comarcal e provincial, e estamos agradecidos á Deputación por converter Monterrei en sede permanente dende o 2007”.
Respecto da presenza da vila en Festur, o mandatario recalca que “levamos varios anos participando, e permítenos darlle tamén difusión aos nosos viños”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos