INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
Entrevista
A arqueóloga Nieves Amado foi a encargada de realizar todo o traballo documental do Castelo de Monterrei, dentro do plan de recuperación do seu entorno con 14 millóns de euros dos fondos Next Generation. Un traballo que pasa desapercibido aos ollos do público, pero de “vital importancia” para o desenvolvemento do proxecto.
Cal é o seu papel neste traballo?
Estou dentro do equipo de Breogán, equipo de arqueoloxía e documentación. O meu papel foi repasar toda a documentación referida a evolución urbanística dos edificios de Monterrei. Tamén son a encargada de levar o seguimento arqueolóxico das obras.
Como se entende o lugar?
A vila de Monterrei enténdese nun contexto xeográfico, o val do Támega e moi cerca da fronteira de Portugal. Foi fundada por Alfonso X o Sabio no século XIII. Estas vilas fortificadas creáronse para o control das fronteiras e dos camiños. O outeiro de Monterrei é un monte estratéxico para a vixilancia de todo o val do Támega, unha fundación real. É un poboado fortificado, o que evolucionou cara un lugar condal e derivou cara un castelo, pero sempre foi - e é- unha vila, lugar para vivir.
Que achados se descubriron?
Como é un traballo que estaba sin facer -aínda que se publicaron libros interesantes sobre a historia, pero de edificios non tanto- eu baseeime niso. Descubriuse que a vila foi fundada uns anos antes do que se pensaba, había unha data de 1262, e eu atopei un documento de 1260 estaba fundada e xa existía o Concello de Monterrei, co cal hai que supoñer que xa existía igual uns anos antes. Despois hai outros edificios que o corroboran, como o dos Franciscanos, hai unhas datas de instalación en Monterrei uns anos antes, todo a partir da fundación da vila. Son moitísimos edificios, e aínda que sobre a maioría deles non se vai intervir agora era un traballo que estaba sin facer: a historia da evolución urbanística. E de aí van saíndo cousas, e personaxes tamén.
Atopouse documentación valiosa en Alcalá de Henares…
Nos traballos de Xesús Taboada Chivite, que se adicou a fondo a Monterrei, sempre me saía o tema de restauracións de Francisco Pons Sorolla, que en 1960 era o arquitecto principal de Bellas Artes de España. Era especialista en restauración e fixo moitos traballos en Galicia, pero de Monterrei non había nada publicado, e el foi o primeiro arquitecto que traballou aquí. En 1960 restaurouno por primeira vez porque estaba en ruínas, cambiando absolutamente. A min pareceume moi importante saber como estaba Monterrei antes do seu traballo. Os documentos gráficos de antes da súa intervención eran importantísimos, polo que nos puxemos a buscar. Uns compañeiros encargáronse en Madrid de investigar si existía ese arquivo e localizárono en Alcalá de Henares, no Arquivo General de la Administración. Esas fotografías está dándonos uns datos tremendos para os edificios que se van restaurar.
O traballo documental é complexo?
Depende como o tomes. A min gústame, pero é duro. E non só é ler, é sacar conclusións e conectar unhas cousas con outras. É un traballo fascinante, fundamental para as actuacións que se fagan, é como ir completando quebracabezas. É algo que non se aprecia exteriormente, pero os criterios que se van a tomar para todas as actuacións de Monterrei dependen dese traballo documental previo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Abono único del embuste
CRISIS EN EL GOBIERNO
Yolanda Díaz: la insoportable e imprudente levedad de su ser
Lalo Pavón
O AFIADOR
A presunción de inocencia