Oímbra facilitará a conciliación durante o verán coa súa ludoteca

oímbra ludo
photo_camera Unha edición pasada de "Oímbra verán". (Foto: C.C.).
O programa está destinado a cativos dende os 3 aos 16 anos

O Concello de Oímbra xa ten todo listo para “Oímbra verán 2023”, o seu programa de conciliación familiar e laboral durante os meses de vacacións escolares. 

Este servizo de ludoteca comezará o vindeiro 26 de xuño, tras o remate das clases, e prolongarase ata o 1 de setembro. O horario será de 09,00 a 14,00 horas e o seu equipo estará formado por persoal especializado e dividiranse as actividades en grupos por idades, destinadas a cativos dende os 3 ata os 16 anos. Iso si, os interesados en participar nestas actividades lúdicas e educativas durante o verán deberán estar empadroados no Concello de Oímbra.

Os interesados no “Oímbra verán 2023” xa poden inscribirse na casa consistorial. Un proxecto que busca facilitar a conciliación e facer que os cativos desfruten de xogos, música, deporte, excursións e actividades acuáticas, entre outras.

Te puede interesar